Venres, 02 Outubro 2015 08:39

O Concello de Soutomaior únese á Garantía Xuvenil

O Concello de Soutomaior únese á Garantía Xuvenil

O Concello de Soutomaior acaba de unirse ao programa de GARANTÍA XUVENIL a través da súa OMIX que acaba de obter o recoñecemento como centro colaborador con este programa. Isto permite que a mocidade poida informarse, recibir axuda e inscribirse neste programa acudindo a esta oficina municipal situada no Multiusos en Arcade.

Que é a Garantía Xuvenil 
Éunha iniciativa da UE que ten como obxectivos que a mocidade entre os 16 e 29 anos que non estén cursando estudos, formación ocupacional ou non teñan emprego, poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación.

Quenes poden ser beneficiarios/as?
Os/as mozos/as que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suiza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadronado/a en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non traballar nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións educativas que conlleven máis de 40 horas mensuales nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións formativas que conlleven máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.

Onde e como tes que facer para inscribirte?
 


Publicado en Garantía Xuvenil
Visto 4825 veces


Garantía Xuvenil

Charla informativa programa Garantía X…

11-11-2015 Garantía Xuvenil

O Concello de Soutomaior, como centro autorizado dentro do programa de Garantía Xuvenil colabora coa Consellería de Traballo na organización dunha charla informativa dirixida á mocidade de 16 a 29...

O Concello de Soutomaior únese á Garantía Xuvenil

02-10-2015 / Garantía Xuvenil

O Concello de Soutomaior acaba de unirse ao programa de GARANTÍA XUVENIL a través da súa OMIX que acaba de obter o recoñecemento como centro colaborador con este programa. Isto permite que a mocidade poida informarse, recibir axuda e inscribirse neste programa acudindo a esta oficina municipal situada no Multiusos en Arcade. Que é a Garantía Xuvenil  Éunha iniciativa da UE que...

Garantía Xuvenil