A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior informa que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Encontro da Mocidade organizado para este anon 2016 en San Simón. Este ano o encontro leva por título " San Simón 2016: unha viaxe inesperada"
O obxectivo desta actividade é o de promover un espazo de encontro para a mocidade onde as actividades lúdicas e educativas reforzarán valores como a convivencia, o respecto, etc.
Descrición: o formado desta actividade será o de campamento de aventura onde a máquina do tempo nos levará a percorrer o mundo e os seus lugares máis recónditos. Que misterios nos agardarán nesta Illa con tanta historia? .
- Destinatarios/as: 12 a 17 anos
- Datas e horario: 23,24,25,26 de agosto
- Lugar: Illa de San Simón
- Custe: 35€ empadroados/as; 130€ non empadroados/as. Inclúe: actividades, material, personal titulado, pernoca en instalación Stella Maris na Illa, manutención completa, seguridade.
- Prazo de inscrición: na OMIX ata 15 de xullo ou ata cubrir prazas (mínimo 25 e máximo 30 prazas).