Martes, 10 Xaneiro 2017 20:17

Inicio de programas educativos: Tecnoloxía, medioambiente e educación familiar

Inicio de programas educativos: Tecnoloxía, medioambiente e educación familiar

O Concello de Soutomaior pon en marcha novos proxectos educativos en áreas como a educación familiar, a tecnoloxía e programación ou a sensibilización medioambiental, o consumo responsable e a horta urbana e ecolóxica.

 

APRENDENDO EN FAMILIA: escola de pais e nais

Programa dirixido ás familias que ten como finalidade orientar, informar e formar sobre temas de interese para a educación de menores. Aportando nas sesións e obradoiros habilidades, técnicas e pautas para mellorar a educación de nenos e nenas en contextos actuais onde os novos retos necesitan afrontarse con vellas e novas ferramentas. Nesta ocasión traballaremos o tema do uso das tecnoloxías. As sesións estarán dirixidas por persoas expertas no uso de Internet, as redes sociais e as Novas Tecnoloxías entre os mais novos. Tocando temas como o impacto que os malos usos teñen nivel psicolóxico e condutual tradúcese a miúdo na aparición de certas prácticas de risco ou incluso novas formas de delito, como pode ser o cyberbullying, o sexting e a sextorsión ou o grooming. Sen esquecernos de que un uso abusivo pode chegar a asociarse cun maior sedentarismo, a aparición de trastornos da alimentación e do sono, illamento social, fracaso escolar etc. De todo isto falaremos os días:

  • Datas:  martes 24 e martes 31 de xaneiro. Hora: 17,00 a 18,30 h
  • Lugar: CPI M. Padin Truiteiro

Visita: Escola de Pais e Nais

 

Neste trimestre tamén se porá en marcha a ESCOLA MUNICIPAL DE HORTA URBANA E ECOLÓXICA que se iniciará cun curso de horta urbana ecolóxica. O proxecto é unha proposta para persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do lugar no que viven. A través da Concellería de Educación e da  Concellería de Medio Ambiente ponse en marcha unha horta municipal en Arcade cunha orientación educativa  e con carácter formativo onde o esparcemento, a sensibilización ambiental e o consumo responsable serán os eixes fundamentais. Para poder cultivar unha parcela na horta será necesario realizar con éxito o curso de horta urbana e ecolóxica que se realizará so días:11,18 DE FEBREIRO e 11,18,25 de MARZO de 10 A 14 H. As prazas son limitadas.

Visita: Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica

 

Outro programa xa iniciado en 2016 e co que se continuará será o programa EN CLAVE TECNOLÓXICA: APRENDE PROGRAMAR XOGANDO

Neste trimestre traballarase con scratch e modelado 3D con sketchUp. Os nenos e nenas de 4 a 17 anos que queiran participar terán que anotarse previamente e faremos grupo por idades. A programación é unha ferramenta moi útil para traballar o pensamento creativo, a lóxica e a imaxinación. Ademais, son coñecementos e habilidades que logo se poden trasladar á vida diaria para así comprender mellor o entorno que nos rodea. 

  

E por último, o programa ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: COÑECE O TEU CONCELLO E ARREDORES.

A proposta para este trimestre é a seguinte:

  • 29 DE XANEIRO - Roteiro 1: "Con sabor salgado"
  • 19 DE FEBREIRO - Roteiro 2: "Fervenza do Inferno"
  • 26 DE MARZO - Roteiro 3: "Outra ollada á Peneda"

Cada roteiro ten as súas singularidades pero todos comparten o xogo, a curiosidade e a práctica saudable de camiñar de xeito tranquilo e sosegado disfrutando na natureza. Pero, ademais tamén comparte o obxectivo de aprender un pouco máis sobre o que nos rodea e sobre como podemos coidar e respetar máis o noso medio ambiente. 

Visita: Roteiros Medioambientais

 


Publicado en Educación
Descargar adjuntos:

2017 - 1 Trimestre Programacion Educación.pdf (705 Descargas)
Visto 1905 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

31-03-2020 / Educación

O Concello de Soutomaior informa que a partir de mañá e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais. Deste xeito, a Consellería...

Mantén a cabeza activa e creativa contra o coronavirus. Guía de recursos

24-03-2020 / Educación

O Concello de Soutomaior pon á vosa disposición a GUÍA DE RECURSOS "CONFINAMENTO CREATIVO: ACTIVIDADES PARA FACER DENDE A CASA. MANTÉN A CABEZA ACTIVA E CREATIVA CONTRA O CORONAVIRUS". Nestes enlaces https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/confinamento-creativo e en www.soutomaior.gal  poderedes atopar unha morea de recursos que poden ser de gran axuda para ocupar e aproveitar o tempo dun xeito saudable, ameno, formativo e lúdico.  Atoparedes...

Escola de Familias

10-03-2020 / Escola de Familias

Comezamos hoxe martes 10 de marzo coa Escola de Familias, proxecto de educación familiar impulsado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior contando coa colaboración do CEIP M Padin Truteiro, do IES Soutomaior, da Escola Infantil Galiña Azul, da Escola Infantil de Romariz e do Colexio Santiago Apóstol. Nesta primeira sesión que se desenvolverá de 16.30 h a 18.00 h nas...

Soutomaior coa ciencia, continúan as actividades nos centros educativos.

06-03-2020 / Educación

Este xoves o alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Soutomaior participou nos obradoiros de Robotica e de Impresión 3D. No obradoiro de Robótica o alumnado iniciouse na programación de robots  mbot mediante unha serie de probas básicas co fin de preparar e programar os seus robots para a participación nun  gran torneo no que tiveron que superar varios...

Inicio dos obradoiros "Soutomaior coa ciencia" no CEIP M. Padin Truiteiro

04-03-2020 / Educación

Este mércores 4 de marzo o Concello de Soutomaior comezou os obradoiros que se van a impartir no marco do programa "Soutomaior coa Ciencia" nos centros educativos. Este progrmaa impulsado pola Concellería de Educación ten como fin achegar a ciencia a toda a cidadanía en xeral a través da participación en actividades dirixidas a diferentes públicos. Hoxe impartiuse o obradoiro...

Escolares contra o cambio climático

02-03-2020 / Educación

Os escolares do Concello de Soutomaior están decididos a plantar cara ao cambio climático. Máis de 100 alumnos do IES Soutomaior e o CEIP Padin Truiteiro participaron nunha xornada dedicada a promover o respecto polo medio ambiente e a posta en valor dos recursos forestais. Visita Pazo de Lourizán A primeira das actividades , na que participaron os alumnos de 4º da...

TV Concellería de Educación