Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
EXPOSICIÓNS
Do: 13-05-2024 ó: 13-05-2024
En: Alameda Talo Río
CONCURSOS
ata:06 Mai 2024
Continúan as actividades para as vacacións do Nadal con novas propostas dentro do programa Laboratorio Tecnolóxico.
O luns día 2 de xaneiro os nenos/as do grupo de 4 a 7 anos saírá do Multiusos ás 11 h para realizar a actividade “A invasión dos Soutos: percorrido polo pobo na procura dos Soutos que aparecerán nos lugares máis insospeitados, teremos que tentar ser máis rápidos que eles ou elas, senón…… a invasión xa está en marcha”.
O grupo de 8 a 11 anos sairá do Multiusos cara Talorío para realizar unha intervención artística alí: “Maquinárbores: seguindo na liña da arte, da intervención dos artistas fóra dos cadros, e baseándonos no famoso “Bosque de Oma” de Ibarrola, tinguiremos de cor e máquinas as árbores de Talo Río, nunha intervención efémera que se retirará ao día seguinte.
Mentras tanto o grupo de 12 a 17 anos permanecerá no Multiusos coas actividades de programación, O luns comezarán co programa “Modelado 3D con sketchup: unha maneira fácil de debuxar en 3D. A facilidade de uso deste programa pola súa funcionalidade permite debuxar liñas e figuras, convertir iso en figuras e pintar e construír o que se queira”.
As actividades rematan o martes 3 de xaneiro con máis programación e moitos divertidos e curiosos experimentos.
Máis información sobre o programa: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +