Venres, 11 Febreiro 2022 08:37

Divulgaciencia 2022

Divulgaciencia 2022

Divulgaciencia, é un programa educativo promovido polas Concellerías de Educación e Xuventude de Soutomaior que pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico - tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica na que poida participar toda a cidadanía. Apostando pola experimentación e a curiosidade e polo fomento das vocacións científicas arredor da acción principal que será a Feira de Ciencias haberá un programa de actividades previas complementarias dirixidas ao alumnado, profesorado e á cidadanía, en xeral, para achegar a ciencia a todas as persoas e colectivos.

Este proxecto está financiado pola Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) na Convocatoria de axudas para o Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación. 

Desenvolverase entre o 11 de febreiro a 5 de maio de 2022. iniciamos o programa hoxe venres 11 de febreiro para conmemorar o día internacional da nena e da muller na ciencia visibilizando e poñendo en valor as grandes achegas da muller á ciencia.

 

ACCIÓNS

Xornada xuvenil: “Vocacións científicas e novas profesións”

Data: 11 febreiro.

Na participarán 107 alumnado e alumnas de 4º ESO e BAC.

A primeira actividade da xornda consistirá nunha Mesa coloquio “A ciencia de escoller un camiño” co fin de visilizar o traballo científico combinando formación con experiencia no mundo da empresa. Achegando experiencias positivas e  motivadoras que alenten á mocidade para escoller profesións nestas áreas.

A segunda actividade será un Scape Room no que terán resolver mensaxes encriptadas, enigmas matemáticos e puzzles lóxicos para dar coa solución.

Ó longo dos vindeiros meses de marzo, abril e maio poremos en marcha outras accións como:

 

Actividades nos CENTROS EDUCATIVOS

Dirixidas a: primaria, secundaria e BAC.

Tras ofrecer unha batería de obradoiros dirixidos a alumnado de PRIMARIA, ESO E BACHARELATO para desenvolver en sesións de 50 minutos nos que os contidos adáptanse ás idades, tendo en conta os niveis e grados de complexidade, os obradoiros escollidos polos centros son:

Actividade: Investigando a natureza

Consistirá en implantar na aula unha metodoloxía lúdica con xogos e actividades.  Iremos aprendendo todo o proceso que conleva unha investigación científica onde o alumnado deberá estudar os motivos polos que as plantas ten follas de cor verde. Formación básica en técnicas de laboratorio para posteriormente realizar cromatografías de distintas mostras recollidas durante un traballo de campo previo fóra de aula para coñecer os recursos medio ambientais do municipio. 

Actividade: Droneando

Unha aproximación práctica ao mundo dos drons. Para iso, traballaremos aspectos da aerodinámica e crearemos un dron partindo duns elementos predefinidos para posteriormente por a proba as nosas habilidades como pilotos.

Actividade: O roubo no Castelo de Soutomaior

Aconteceu un roubo no Castelo de Soutomaior. Como detectives, imos a investigar para descubrir á persoa culpable. E todo isto utilizando a Ciencia como ferramenta principal. Tomaremos pegadas, descubriremos os fundamentos do análise de ADN e realizaremos retratos robot mentres aprendemos as bases científicas do traballo forense.

Actividade: Roteiros científicos

Roteiro 1. Soutomaior mira ao mar. Orientado ao medio mariño, abordando cuestións ambientais, xeomorfoloxía do litoral e a súa xeoloxía. Lugar: Arcade.

Roteiro 2. Mergúllate no monte. Ofrecerá un percorrido polos camiños da Montesiña, para aprender a recoñecer a fauna e a flora dos bosques. Lugar: Soutomaior.

Roteiro 3. Aventura ecolóxica. Consistirá nunha visita a unha das praias onde se realizará unha recollida de residuos e unha mostraxe de microplásticos. Datos recollidos enviados ao proxecto "Thebigmicroplasticssurvey". Lugar: Arcade.

 

Feira de Ciencias

Pechando este programa realizaremos a Feira o xoves 5 de maio todo o día en Talo Río. Durante a xornada haberá:

Exposición de proxectos. A través de stands de feira físicos en Talo Río e tamén virtualmente na Web onde se colgarán vídeos elaborados polo alumnado coas demostracións científicas e  investigacións. 

Alumnado: de 4º ESO e BAC do IES Soutomaior e do Colexio Santiago.

Visitas guiadas doutros centros educativos, centros e maiores, asociacións e público xeral.

Espectáculo científico “Cienceando”. Show ameno e divertido, no que iremos percorrendo algunhas aportacións científicas claves na evolución da humanidade.

Asesoramento previo a centros, formación e apoio ao profesorado. Para fomentar a participación dos centros poderán participar nunha formación a medida sobre como levar a cabo pequenas investigacións e convertelas nun proxecto para presentar na feira. Datas: 16 febreiro (IES Soutomaior) e 14 de marzo (Colexio Santiago).

 

Obradoiros ciencia creativa

Datas: marzo/abril.

Obradoiros dirixidos á terceira idade vinculando método científico e vida cotiá a través do obradoiro “Saboreando ciencia” e obradoiros dirixidos á cidadanía en xeral.


As empresas/entidades colaboradoras con este proxecto son: CEO ABERTO, KIDCODE, MERAYS, ANCEU COLIVING, POLYGON-E SOFTWA

Máis información na OMIX: 986700822 - 638822868,  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Visto 622 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...