Xoves, 18 Novembro 2021 11:14

Obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema"

Obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema"

Cos obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema" imos reflexionar sobre o “papel” do papel no cinema; explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Ademais pode transmitir movemento, combinación perfecta!

Neste contexto, nacen os obradoiros que durante o mes de decembro imos desenvolver no Multiúsos en Arcade (Soutomaior). Para isto contamos con Belén Veleiro que logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, deseña estes obradoiros para experimentar dun xeito moi práctico, divertido e ameno as caixas de cartón e as súas posibilidades. 

Breve descrición de cada un dos obradoiros:

ZOOTROPO XIGANTE

Unha viaxe aos inicios da imaxe en movemento. Descubrimos como funciona o cine a través da construcción de xoguetes ópticos: flipbook, taumatropo e zootropo.

O zootropo foi un xoguete moi popular na súa época e un dos avances para a aparición do cine. Zoo significa vivo, activo, e o que conseguimos con este aparello xigante é darlle vida a obxectos inmóbiles. Na construcción deste aparello traballaremos tamén os rotorelieves de Duchamp. Unha experiencia espectacular!
 
Obxectivos:
– Comprender a natureza da imaxe en movemento e a ilusión óptica.
– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia
– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
– Queremos facer o zootropo máis grande do mundo.

 

XOQUETES ÓPTICOS 

Unha viaxe aos inicios da imaxe en movemento. Descubrimos como funciona o cine a través da

construcción de xoguetes ópticos: flipbook, taumatropo e zootropo.
 
Obxectivos do obradoiro:
– Comprender a natureza da imaxe enmovementoe a ilusión óptica.
– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia
– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
 
Metodoloxía: crearemos xoguetes moi atraentes e orixinais: Un taumatropo, un flipbook, un zootropo (e un proxector holográfico para o móvil, no caso dos/as participantes máis avantaxados/as).
 
Para participar nestes obradoiros haberá que inscribirse previamente na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
 
Van dirixidos a todas as idades a partir dos 6 anos.  Os menores de 10 anos deben asistir acompañados/as. 
Unha actividade na que participar en familia pode ser moi interesante para compartir e descubrir moitas curiosidades.
 
Número de prazas: 20 persoas (teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior).
 

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO A PARTIR DO 18 DE NOVEMBRO 


Publicado en Educación
Visto 34 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Roteiro sensorial. Programa Capacidades, Si moitas!

24-11-2021 / Educación

O 3 de decembro conmemórase o "Día Internacional das persoas con discapacidade" e o Concello de Soutomaior organiza unha serie de actividades dentro do programa "Capacidades, si moitas" co fin de divulgar e sensibilizar sobre as diversidades funcionais. Con este Roteiro Sensorial poderás experimentar, sentir e coñecer lugares de Arcade implicando todos os sentidos. Anímate! Inscricións en liña: https://www.gabinetesoutomaior.com/.../inscricions-en-lina

Capacidades, Si Moitas!

18-11-2021 / Educación

Un programa para redefinir capacidades desde as diversidades, para a concienciación sobre a diversidade funcional organizado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior en colaboración con ASSEI_Asociación sociosanitaria de enfermidades inflamatorias intestinais e ostomizadas,  ONCE_ Grupo Social ONCE na área de ONCE no Consello Territorial de Galicia,  XUNTOS_Asociación de Síndrome de Down, AMIZADE_ Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra e BATA_...

Obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema"

18-11-2021 / Educación

Cos obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema" imos reflexionar sobre o “papel” do papel no cinema; explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Ademais pode transmitir movemento, combinación perfecta! Neste contexto, nacen os obradoiros que durante o mes de decembro imos desenvolver no Multiúsos en...

Préstamo de ordenadores persoais para o desenvolvemento das clases escolares .

03-11-2021 / Educación

A presente convocatoria ten por finalidade a cesión de uso temporal de ordenadores portátiles ás familias vulnerables do concello de Soutomaior para o curso 2021/2022 do alumnado matriculado en educación primaria, secundaria ou bacharelato dos centros docentes do concello de Soutomaior así como para o alumnado do concello de Soutomaior que curse bacharelato noutro centro, FP, PCPI ou estudos universitarios. Un...

Novos toldos no patio exterior da Escola Infantil

03-11-2021 / Educación

 A escola infantil de Soutomaior, a Galiña Azul de Arcade, acaba de estrear unha nova cuberta retráctil para o patio exterior do centro.  Unha mellora solicitada pola dirección do centro a instancia dos pais coa que os pequenos estarán protexidos da climatoloxía durante os seus recreos e actividades fose da aula.  A mellora foi visitada polo xerente do Consorcio Galego de Servizos...

Novos Roteiros!

18-10-2021 / Roteiros Medioambientais

Soutomaior inicia a nova proposta para este trimestre do programa Roteiros medio ambientais: Coñece o teu Concello e arredores. Comezamos este domingo 24 de outubro co ROTEIRO MICOLÓXICO POLOS MONTES DE ARCADE-SOUTOMAIOR. Iniciaremos a actividade cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo...

TV Concellería de Educación