Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
EXPOSICIÓNS
Do: 13-05-2024 ó: 13-05-2024
En: Alameda Talo Río
CONCURSOS
ata:06 Mai 2024
OBRADOIROS
Do: 01-05-2024
ó: 31-12-2024
ata: 31 Dec 2024
O Concello de Soutomaior oferta novas prazas vacantes para participar na Escola Municipal de Horta Ecolóxica. Un proxecto co que se pretende achegar aos veciños e veciñas a agricultura ecolóxica a través dunha experiencia formativa e participativa para adquirir coñecementos que logo lles permitan poñer en marcha un proxecto similar nas súas propias hortas. Ás persoas inscritas asignaselle unha parcela durante un ano, prorrogable para que a persoa ou unidade familiar se responsabilice de coidala e mantela en bo estado. Durante este tempo as persoas aprenden a cultivar hortalizas dun xeito ecolóxico e biodinámico. No proxecto participan máis hortelanos e hortelanas que xa teñen experiencia e que axudaran ás novas persoas a iniciarse e guialo durante todo o proceso xa que trátase dun proxecto colaborativo e cun espíritu comunitario. A maiores será obrigatorio asistir a un curso de formación básica que será de balde organizado pola Concellería de Educación e Medio Ambiente para que as persoas inscritas poidan obter os coñecementos básicos e así comezar a súa andaina neste proxecto. Tamén se facilita un dossier con información xeral sobre os aspectos máis importantes en relación a cultivos, rotacións, control de pragas, etc.
Unha vez admitidas as persoas inscritas comunicaremos as datas do curso de formación e asignaremos unha parcela a cada nova familia. As prazas asignanse por orde de recepción tendo preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior. A participación é de balde aínda que se cobra unha fianza coa inscrición de 10€ que se devolve cando a persoa finaliza o proxecto.A maiores da inscrición terás que presentar na OMIX o compromiso de aceptación de normas. O prazo de inscrición será desde o 15 ata o 29 de outubro. O inicio do curso está previsto para o mes de novembro.
Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com)
Máis información: nos documentos anexos sobre o proxecto da Escola ou na OMIX
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +