Mércores, 21 Xullo 2021 14:07

Obradoiro: Fai click no teu bocata!

Obradoiro: Fai click no teu bocata!
Para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo asi en hábitos de consumo alimentario saudables, chegan Ó Concello de Soutomaior os obradoiros de “Fai clic ao teu bocata”. Unha iniciativa promovida pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Soutomaior coa que pretendemos fomentar entre a poboación infantil e xuvenil o coñemento sobre todos os recursos do mar e os seus aproveitamentos culinarios.
 
A  actividade terá lugar o xoves 5 de agosto de 11 a 12 h no Multiúsos en Arcade totalmente de balde.
 
Da man de Mar e Roi (cientiífica e científico) veremos durante o obradoiro dunha hora de duración as características das conservas do peixe e do marisco, os seus nomes, hábitos e o proceso que seguen dende que están no seu medio natural ata que chegan a ser parte dun delicioso bocata que por suposto logo degustaremos!!!
 
O obradoiro vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente en: Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com)

Publicado en Educación
Visto 39 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Obradoiro: Fai click no teu bocata!

21-07-2021 / Educación

Para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo asi en hábitos de consumo alimentario saudables, chegan Ó Concello de Soutomaior os obradoiros de “Fai clic ao teu bocata”. Unha iniciativa promovida pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Soutomaior coa que pretendemos fomentar entre a poboación infantil e xuvenil o...

Día Internacional do Medio Ambiente- 5 de xuño de 2021

01-06-2021 / Educación

O Concello de Soutomaior conmemora este día tan especial e importante con actividades, cine, accións de sensibilización e sumándose á Campaña Unha árbore por Europa. Durante estes meses desenvolvéronse diversas iniciativas nas que colaboraron os centros educativos do municipio como a Campaña efecto dominó ENTRE RÍOS dirixida a alumnado de 1º da ESO do IES Soutomaior e alumnado de 6º de...

Brigadas ecolóxicas "Lixus Marítimus"

25-05-2021 / Educación

O alumnado de 2º da ESO do IES Soutomaior participou hoxe neste programa municipal organizado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. Trátase dunha campaña de sensibilización sobre o uso excesivo de plásticos nas nosas vidas e a súa posterior xestión, descontrolada, como residuo que afecta de maneira directa á nosa contorna e ao noso planeta. Unha xestión coidadosa da...

O mellor amigo, tamén nas aulas

15-04-2021 / Educación

 “ Uma”, así se chama a Golden Retriever que esta mañá visitou ao alumnado da escola infantil de Romariz dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos organizado polo Concello de Soutomaior. A iniciativaprocura, mediante a axuda destes animais, mellorar as capacidades sensitivas e motoras do alumnado. Dado que o can non fala o mesmo linguaxe que eles e...

Efecto Dominó. Proxecto Ríos Concello de Soutomaior

25-03-2021 / Efecto dominó: Entre Ríos

Aproveitando que o 22 de marzo é unha data tan significativa pois é o día escollido para conmemorar o Día Mundial da Auga iniciamos a campaña "Efecto Dominó, entre ríos" impulsada polas Concellerías de Educación e Medio Ambiente do Concello de Soutomaior dirixida a alumnado de 6º de primaria  e 1º da ESO que participarán no deseño dos contidos do...

Curso de linguaxe de signos española (30h)

23-02-2021 / Educación

O Concello de Soutomaior convoca un curso de linguaxe de signos nivel A1.1. no marco da rede estatal de ensinanzas da Lingua de Signos da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), seguindo unha organización curricular e pedagóxica acorde á filosofía do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. O curso será impartido por persoal especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de...

TV Concellería de Educación