Martes, 01 Xuño 2021 18:40

Día Internacional do Medio Ambiente- 5 de xuño de 2021

Día Internacional do Medio Ambiente- 5 de xuño de 2021

O Concello de Soutomaior conmemora este día tan especial e importante con actividades, cine, accións de sensibilización e sumándose á Campaña Unha árbore por Europa.

Durante estes meses desenvolvéronse diversas iniciativas nas que colaboraron os centros educativos do municipio como a Campaña efecto dominó ENTRE RÍOS dirixida a alumnado de 1º da ESO do IES Soutomaior e alumnado de 6º de primaria do colexio Santiago Apóstolo a través da cal participaron no deseño de contidos do material divulgativo e de recursos de sensibilizaciónsobre valores ambientais e espazos naturais como son as beiras do río Verdugo e Oitaven. Preténdese implicar no desenvolvemento das actividades de sensibilización á comunidade educativa a través de actividades de educación ambiental dirixidas especialmente, á toma de conciencia sobre a gravidade do problema da contaminación nos ríos provocada pola acción humana e xestión irresponsable de espazos naturais como espazos de esparcemento sen ter en conta a pegada ambiental que se deixa se non se manteñen actitudes e comportamentos respectuosos co medio ambiente. Participar implicou recuperar boas prácticas ambientais, poñer en valor os recursos medio ambientais e ser axentes sensibilizadores para chegar ao maior número de persoas. 

Á  iniciativa anterior sumouse a actividade "Brigadas Ecolóxicas lixus marítimus" dirixida a alumnado de 2º da ESO na que participou o alumnado do IES Soutomaior que consistira en mesturar unha acción voluntaria de limpeza e recollida de residuos na praia para coñecer de primeira man a problemática dos plásticos e das consecuencias que isto ten para os mares e o planeta cunha acción de arte urbana inspirándose nas tapas dos sumidoiros para deseñar imaxes personalizadas en bolsas de tela.

A maiores, o Concello de Soutomaior ben de sumarse á campaña #Unha Árbore por Europa asinando o manifesto que nace por iniciativa de Equipo Europa a raíz dunha proposta de David Sassoli, Presidente do Parlamento Europeo no que os Concellos partícipes asumen o compromiso de plantar unha árbore no municipio, visibilizar a importancia do desenvolvemento sostible no ámbito local e involucrar á mocidade polo que durante esta primeira semana os centros educativos sumaranse co fin de implicar ao alumnado e sensibilizalo sobre a necesidade de sumar árbores para aumentar a biodiversidade do planeta. Participarán os centros: CEIP M. Padin Truiteiro, IES Soutomaior, Escola Infantil de Romariz e Escola Infantil Galiña Azul. Neste caso en Soutomaior plantaranse máis árbores grazas á colaboración e implicación dos centros educativos nesta proposta.

Por outra banda, este sábado 5 de xuño ás 22 h proxectarase no Multiúsos en Arcade (auditorio exterior se non chove) o filme O QUE ARDE dirixido por Oliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol.  Ambientado na Galicia rural e que aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais  da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedita Sánchez no papel de Benedita, a súa nai. 

O programa de actividades continúa na segunda semana de xuño coa acción O PLANETA QUE QUEREMOS que engloba:

  • un contacontos e obradoiro marítimo cuxo tema vai xirar arredor da temática dos Océanos e que terá lugar o martes 8 de xuño. Dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos de 17 a 18 h e a nenos e nenas de 8 a 12 anos de 18.15 a 19.30 h. Realizarase ao aire libre na Praia da Muxeira no Peirao de Arcade. 
  • un obradoiro de escritura creativa IMAXINANDO LETRAS que terá lugar o mércores 9 de xuño dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos de 17 a 18 h e a nenos e nenas de 8 a 12 anos de 18.15 a 19.30 h e que se levará a cabo na Biblioteca Municipal. Para ambas actividades haberá que anotarse previamente pois as prazas serán limitadas no Teléfono 986700291 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Publicado en Ensino
Visto 578 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...