Luns, 25 Febreiro 2019 19:42

Presentación do programa ColeRoteiros este pasado domingo na Xornada de Educación Vial

Presentación do programa ColeRoteiros este pasado domingo na Xornada de Educación Vial

O Concello de Soutomaior presentou este domingo un novo programa educativo e xuvenil "ColeRoteiros" camiños escolares en Soutomaior dirixido a facilitar que nenos e nenas e mozos e mozas poidan ir aos centros escolares do municipio en bici ou andando. Ten como fin impulsar hábitos saudables, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria a través da adquisión de hábitos de acompañamento e seguridade mediante o Volunvial. Na primeira fase do programa establecese un calendario de "Rotiquedadas" que serán as saídas programadas  para ir todos xuntos ao cole. Nestas saídas o alumnado inscrito no programa irá acompañado por monitores/as que os guiarán dun xeito seguro ata os centros e que os recolleran nos centros para regresar de novo a casa despois da xornadar escolar. Ademais, do acompañamento tamén se establecerán unha serie de medidas de seguridade que estarán coordinadas por varios efectivos como a Policía Local entre outros. Ás persoas inscritas tamén se lles entregará un ROTIKIT co material necesario  para que durante os percorridos poidan facerse visibles  con brazaletes relfectantes, etc.

As persoas interesadas en participar neste programa poderán inscribirse na web municipal https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/coleroteiros

Nesta web tamén  se poderá consultar información máis detaiada sobre o programa. 

Este domingo tamén tivemos a ocasión de coñecer a ROTI,  a mascota do programa que se encargará nas vindeiras semanas de informar a veciños e veciñas, alumnado, comercios, etc.. Tamén podedes informarvos na OMIX sobre o programa e resolver as dúbidas que poidades ter.

Este é un programa para todas as idades porque aínda que non estés en idade escolar tamén podes colaborar como voluntario/a acompañando, informando ou nos puntos de seguridade dos ColeRoteiros. Faite amigo/a do programa contribuíndo así a que a xuventude poida disfrutar indo ó cole facendo amizades, charlando, adquirindo hábitos saudables, compartindo, responsabilizándose, gañando en autonomía de xeito seguro, practicando deporte, etc.  


Publicado en Coleroteiros
Visto 398 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Novos roteiros medio ambientais!

24-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Visita ARGALLAR. Unha exposición para xogar coa aquitectura.

15-10-2019 / Educación

O Concello de Soutomaior organiza unha visita á EXPOSICIÓN ARGALLAR para o domingo 27 de outubro que se ubica no Museo do Monte Gaiás en Santiago de Compostela. Esta visita terá un carácter lúdico e didáctico que se complementará con máis actividades que se desenvolverán durante a xornada. ARGALLAR é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura...

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló

07-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Coleroteiros

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.

Roti visita os comercios e o IES para dar a coñecer os ColeRoteiros

13-03-2019 / Coleroteiros

Este martes 12 de marzo tivo lugar no IES a primeira reunión informativa coas familias para explicar o proxecto de camiños escolares ColeRoteiros. Na mesa informativa participaron  Fátima Vidal – Concelleira de Educación. Noelia Ocampo – Concelleira de Xuventude e Voluntariado. Dirección do IES de Soutomaior. Antonio Duarte – Xefe da policía local de Poio. Impulsor do Proxecto de Camiños Escolares Pontevedra. Elena Rodríguez García...

Aberto o prazo de inscrición para participar nos Roteiros Medioambientais

06-03-2019 / Educación

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no Programa de Roteiros Medioambientais programadas para os meses de abril e maio. Nesta convocatoria temos previsto tres roteiros. O primeiro que se realizará no entorno da Ribeira Sacra "Roteiro polas pasarelas do río Mao" que se celebrará o domingo 24 de marzo. Este roteiro realizarase durante todo o día...