Martes, 12 Febreiro 2019 09:50

Actividades Semana da Ciencia

Actividades Semana da Ciencia

Aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades da Semana da Ciencia, Concello de Soutomaior.

Haberá actividades para todas as idades e sobre temáticas diferentes. Obradoiro a ciencia non ten idades (+ 55 anos). Obradoiro a conquista da lúa (+ de 11 anos); Obradoiro intelixencia artificial (+11 anos). Museo científico (todas as idades). Obradoiro Fire (7 a 10 anos). Obradoiro Kids (3 a 6 anos).

Tamén haberá unha mesa redonda sobre "Vocacións científicas" na que participarán Paula Rodiño, Xiana Alfaya e Leticia Costas e un espectáculo final o sábado 16 ás 21.30 h dirixido a todos os públicos que leva por título "Da palanca ao Láser".

Consulta máis información sobre o programa e inscríbete en:

 

Publicado en Educación
Visto 885 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Soutomaior coa Ciencia

13-02-2020 / Educación

Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior presentou onte unha nova iniciativa organizada de forma conxunta polas concellerías de Igualdade, Xuventude e Educación, “Soutomaior coa Ciencia”. Creada co obxectivo de fomentar a cultura científica entre a cidadanía mediante charlas e talleres interactivos, a iniciativa xorde da gran aceptación da Semana da Ciencia creada o ano...

Os escolares reciben a visita de Papá Noel

23-12-2019 / Educación

 Papa Noel visitou as clases dos centros educativos do Concello de Soutomaior para recoller os desexos dos pequenos e felicitarlles as festas antes das súas vacacións de nadal. A edil municipal de educación, Fátima Vidal, estivo presente durante a visita que tamén contou coa participación de Roti, a mascota municipal que promociona a seguridade viaria entre os máis pequenos. Durante a visita...

Os cans chegan ás aulas

20-12-2019 / Educación

Máis de 100 alumnos do IES Soutomaior participaron nun novo proxecto que o Concello de Soutomaior está a levar ás aulas do municipio, mellorar as habilidades sociais dos máis novos coa axuda de cans. A iniciativa, enmarcada dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos do Concello , busca a axuda dos animais para incidir na aceptación das...

Actividades para as vacacións de Nadal!

14-11-2019 / Educación

Ata o 17 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas ACTIVIDADES PARA AS VACACIÓNS DE NADAL programadas pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. Este ano contamos con dúas temáticas que están moi relacionadas porque con ambas se trata de sensibilizar sobre o respeto ao medio ambiente e natureza e consumir responsablemente. Por unha banda...

Novos roteiros medio ambientais!

24-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Visita ARGALLAR. Unha exposición para xogar coa aquitectura.

15-10-2019 / Educación

O Concello de Soutomaior organiza unha visita á EXPOSICIÓN ARGALLAR para o domingo 27 de outubro que se ubica no Museo do Monte Gaiás en Santiago de Compostela. Esta visita terá un carácter lúdico e didáctico que se complementará con máis actividades que se desenvolverán durante a xornada. ARGALLAR é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura...