Educación
Educación +
Axenda Educación
Error: No articles to display

O Concello de Soutomaior pon en marcha a Semana da Ciencia. Unha proposta educativa coa que se pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico - tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica que motiven a participación e interacción da poboación en xeral. Trátase dun programa municipal promovido pola Concellería de Educación no que colaboran as concellerías de Igualdade e de Xuventude xunto coa Biblioteca Municipal Luís Seoane.
Levarase a cabo desde o 8 ata o 16 de febreiro cun programa de actividades moi amplo e variado no que haberá propostas para todas as idades.
Unha proposta coa que tamén imos conmemorar o día internacional da nena e da muller na ciencia que se celebra o 11 de febreiro co obxectivo de acadar o acceso e a participación plena e equitativa e visibilizar as contribucións que as mulleres, fan e fixeron, durante toda a historia da humanidade nestes ámbitos. Con tal motivo, haberá un punto de lectura que será un espazo con perspectiva de xénero dirixido a todas as idades no que atoparás lecturas moi interesantes que visibilizan o traballo realizado por moitas mulleres no ámbito da ciencia e o papel fundamental das súas aportacións para historia da humanidade. Un lugar para saber máis, para encontrarnos, para compartir curiosidades e inquedanzas, para pensar, para reflexionar, para soñar, para descansar e para gozar
Todas as actividades serán de balde, haberá que consultar horarios e lugares de realización e tamén aquelas nas que para participar cómpre anotarse previamente porque terán limitación de prazas. Toda a información xunto co programa e inscricións están na web: SEMANA DA CIENCIA EN SOUTOMAIOR
Con este programa queremos contribuír a aumentar o nivel de cultura científico-tecnolóxica da cidadanía en xeral porque a experimentación e a curiosidade, non teñen idades nin xénero, e apostar polo fomento das vocacións científicas entre a xuventude nas diferentes áreas do saber.
Queremos agradecer tamén a participación de todos os centros educativos do municipio xa que unha parte importante do programa de actividades vai dirixida específicamente ao alumnado dos centros. Tamén participará o Centro de Día Boas Apertas porque haberá actividades dirixidas á terceira idade.
Destacar tamén a colaboración de Raquel Barbosa Lorenzo que é veciña do Concello de Soutomaior e actualmente traballa como médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no Hospital Lucus Augusti (EOXI Lugo, Cervo e Monforte) ademais de ter un amplo curríxulo como investigadora, que impartirá unha conferencia o venres 8 de febreiro ás 20.00 h no Multiusos, para falar sobre "O Radon e os seus efectos sobre a saúde" tralo acto inaugural da semana da ciencia.
O sábado 16 de febreiro tamén participarán na mesa redonda "Vocacións científicas" Ana Paula Rodiño Míguez, titulada Superior Actividades Técnicas e Profesionais e Doutora no Grupo de bioloxía de agrosistemas da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, tamén participa Xiana Alfaya que presentará o seu traballo de campo sobre Vida Microscópica realizado sobre a Escola Municipal de Horta urbana Ecolóxica e da exposición de fotografía ”A VIDA MICROSCÓPICA” e Leticia Costas de CEO de Kidcode, divulgadora científica e Consultora de Design Thinking e Lean Startup.
DESCARGA O PROGRAMA:
Semana da Ciencia en Soutomaior 2019 (PROGRAMA).pdf
Educación
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de inglés diarias de profesores nativos, los participantes realizan todo tipo de actividades como kayak, juegos al aire libre o deportes. Comprobamos que o ambiente é inmellorable, e todos os monitores coincidiron...
06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...
06-05-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Onte foi un día especial para moitos/as estudantes dos institutos do Concello. Tras meses de preparación, traballo e estudo, por fin puideron mostrar ante todos os seus veciños o froito...
21-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Seguen en marcha as actividades do 'Plan Divulgaciencia' que conta co apoio da FECYT e do Ministerio de Ciencia e Innovación e que busca fomentar o interese pola ciencia entre...
19-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
O día 5 de maio celébrase a Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa Divulgaciencia e que permitirá ao estudantado de...
06-04-2022 / Educación
Soutomaior celebrará os días 22 e 23 de abril a súa primeira Feira do Libro. Trátase dunha iniciativa que leva anos preparándose , pero que a pandemia non deixara desenvolver e...
21-03-2022 / Educación
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down. Desde o Concello de Soutomaior quixemos achegar o noso granito de area e colaborar na inclusión de todas...
15-03-2022 / Educación
O luns 21 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Síndrome de Down imos realizar unha actividade no noso municipio que consistirá na proxección da película Valentina...
Educación +
Error: No articles to display