Educación
Educación +
Axenda Educación
CURSOS

ata:10 Abr 2023
OBRADOIROS

Do: 13-05-2023
ó: 13-05-2023
ata: 08 Mai 2023

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. A segunda acción voluntaria: imos informar e concienciar coa que se pretende informar e concienciar sobre a importancia de reducir o uso de plásticos, facer unha boa xestión dos residuos e evitar que se contaminen espazos naturais para protexer estas áreas e seguir mantendo a súa biodiversidade e encanto rematou este domingo 15 de xullo.
Os residuos son un gran problema é por iso o grupo de persoas voluntarias deseñaron nun obradoiro unha campaña para informar sobre o que tardan en degradarse e sobre as consecuencias que ten para o medio que os deixemos tirados pola natureza. Os paneis que se elaboraron estarán colocalos no entorno da praia da Ponte Colgante de Soutomaior para que todas as persoas que visiten o lugar poidan ver a campaña e informarse sobre esta problemática que non so acontece alí senón que tamén a hai noutros lugares.Todos os paneis teñen códigos QR para quen desexe ampliar máis información. Os paneis recolleranse a finais do verán pero a campaña está permanente na web: SI quero, colaborar.
Nesta web poderán descargase os paneis e tamén participar nunha pequena enquisa.
Todas as persoas interesadas en coñecer o programa e inscribirse nas vindeiras accións poden facelo a través da web do Concello ou ben enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Educación
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo de iniciativas teñen moi boa aceptación entre a veciñanza e pretenden ofrecer unha alternativa de lecer cultural e saudable ás familias.
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...
06-05-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Onte foi un día especial para moitos/as estudantes dos institutos do Concello. Tras meses de preparación, traballo e estudo, por fin puideron mostrar ante todos os seus veciños o froito...
21-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Seguen en marcha as actividades do 'Plan Divulgaciencia' que conta co apoio da FECYT e do Ministerio de Ciencia e Innovación e que busca fomentar o interese pola ciencia entre...
19-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
O día 5 de maio celébrase a Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa Divulgaciencia e que permitirá ao estudantado de...
Educación +