Mércores, 09 Mai 2018 14:19

Obras de urbanización no novo instituto público

Obras de urbanización no novo instituto público

 O novo instituto público do Concello de  Soutomaior está a piques de entrar en servizo.

Unha das últimas tarefas pendentes deu comezo esta semana cos traballos de urbanización cos que se dotará de servizos ao centro escolar ademais de instalar as novas beirarrúas e, como medida de seguridade viaria, un terceiro carril na EP-2908 para facilitar a saída e acceso ao instituto. Os traballos contan cun orzamento de execución de 263.680,74 euros que se financiarán exclusivamente con fondos municipais.

A principal finalidade dos traballos é a de dotar ao novo centro dos accesos necesarios para garantir a maior confortabilidade dos usuarios e a seguridade viaria dos estudantes e veciños da zona. Para iso, instalarase unha nova beirarrúa na parte frontal do instituto de case 100 metros de longo e un ancho mínimo de 2,5 metros. A superficie desta nova beirarrúa será de formigón puído para facilitar a integración visual do conxunto coa senda peonil que se comezará a construír nas próximas semanas e que unirá os dous principais centros de estudo público do municipio, o CPI Padín Truiteiro e o novo instituto de educación secundaria.

Do mesmo xeito, a EP-2908 verá ampliada a superficie da calzada nas inmediacións do centro mediante a creación dun terceiro carril intermedio para facilitar o acceso e saída do centro escolar. Ademais, instalaranse varias prazas de aparcadoiro de 2,5 metros de ancho que darán servizo a todos os usuarios do instituto. Ademais, con esta actuación dotarase ao novo centro de ensino público dos servizos necesarios para o seu funcionamento, como son a rede eléctrica, de telefonía, de abastecemento e de saneamento.


Publicado en Ensino
Visto 1488 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...