Luns, 27 Marzo 2017 12:58

Melloras viais en Romariz, Lourido e Carrasqueira

Melloras viais en Romariz, Lourido e Carrasqueira

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento dos camiños de Romariz, Lourido e Carrasqueira.

A mellora comprende a pavimentación e mellora dos camiños indicados coa limpeza da superficie existente, pavimento novo, recalce de tapras,etc

O  proxecto conta cun orzamento total de execución de 41.378,21 euros. Está incluído dentro do Plan Concellos 2016 Liña 1 (investimentos) da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou o resultado destes traballos e afirmou que con esta nova actuación, sumada a outras anteriores, o Concello de Soutomaior segue mellorando a súa rede viaria en canto a seguridade e calidade de vida para todos o veciñ@s.


Publicado en Vias e Obras
Visto 686 veces


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Saneamento na Montesiña

19-02-2020 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de instalación do último tramo da rede de saneamento público no barrio da Montesiña. A mellora conta cun orzamento de execución de 90.000 euros que serán financiados a través do Plan Concellos da Deputación e permitirán o tratamento dos residuos procedentes das dúas instalacións deportivas do municipio.  Os traballos de mellora na rede...