Mércores, 12 Mai 2021 09:44

Novo vial de acceso ao Peirao de Arcade

Novo vial de acceso ao Peirao de Arcade

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de acondicionamento e humanización dun novo vial en Arcade para dar acceso e servizo ao Peirao de Arcade. A mellora eliminará un antigo almacén privado de materiais de construción xunto ás vías do tren e dotará á contorna do edificio multiusos de Arcade de novas beirarrúas de tres metros de ancho e unha zona de aparcamento con 30 novas prazas.

A nova calzada terá unha lonxitude de máis de 80 metros e conectará o pequeno viario que dá acceso ao edificio multiusos coa rúa carburos, urbanizando por completo o perímetro de todo o recinto. Ademais, dotará á zona de case 4.000 metros cadrados de novo pavimento polo que se circulará en sentido único ata o cruzamento con Carburos, que se será de dobre sentido e por onde se poderá acceder directamente á zona do Peirao.

O novo acceso contará con todos os servizos municipais habituais como o sistema de iluminación de baixo consumo, as marcas viarias, a sinalización e a rede de recollida de augas pluviais, que se ampliará coa instalación dun novo ramal de 110 metros de longo con 3 pozos e 6 sumidoiros para a captación. Ademais, instalaranse dous novos tramos de beirarrúa, un de 24 metros por 1,8 de anchura e outro de 60 metros de lonxitude e 3 metros de ancho.


Publicado en Vias e Obras
Visto 869 veces


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Corte de auga por avaría

09-06-2021 / Vias e Obras

Debido a unha avaría na xeral de FD250 situada despois da Casa do Concello vai producir un corte de auga que afectará as zonas da Devesa, Sucadiña, Montesiña,Arcade de Riba,Carballal,A Igrexa e parte de Estrada Soutomaior. Está a procederse á súa reparación polo que o máis axiña posible reiniciarase a subministración ás zonas afectadas.