Xa está preparada a reforma do parque de Talo Río.
Continuando coa aposta polo desenvolvemento activo e saudable dos mozos do Concello, púxose en marcha o proxecto que pretende renovar por completo o parque infantil de Talo Río.
Trátase dunha iniciativa ambiciosa que fará as delicias dos máis pequenos e que perdurará para as próximas xeracións grazas á calidade dos materiais utilizados e a modernidade das instalacións.
O parque está pensado para nenos e nenas dos 6 aos 12 anos e contará con todo tipo de divertimentos adaptados ás diferentes fases vitais dos cativos. Ademais, para os pais, avós, tíos e demais acompañantes instalaranse dúas zonas de descanso con espazo suficiente para que todos poidan estar atentos aos xogos e piruetas dos protagonistas.
Así, para os máis novos, o parque contará cun areeiro; unha zona con relevos, para que os nenos poidan rodar e trepar; unha zona de xogos de equilibrio e ata unha cama elástica para que gasten toda a súa enerxía entre salto e salto.
Pola súa banda, a zona de xogos para os máis maiores estará formada por unha instalación múltiple de gran altura que integra tobogáns, elementos de escalada e de deslizamento.
Cada zona foi pensada tendo en conta as necesidades dos nenos de diferentes idades. Desde a promoción da creatividade nos máis pequenos, ata o desenvolvemento das habilidades físicas e a procura de novas aventuras dos máis maiores. Ademais, o novo parque está exposto de forma a favorecer os xogos en grupo, a convivencia e a socialización dos nenos e nenas. Desde o Concello asumiron esta socialización como algo fundamental desde o inicio do proxecto, co obxectivo de paliar os efectos da desconexión social que todos vivimos desde que irrompesen nas nosas vidas as redes sociais.
A obra fará necesario recolocar e restaurar algúns bancos e papeleiras da zona, de modo a adaptalas á nova estrutura do parque infantil. Ademais, apostarase por crear un espazo máis natural, coa instalación de nova vexetación na zona.
Cabe destacar que, a fin de protexer aos cativos e separalos da estrada, e para cumprir coa normativa vixente, o parque estará dotado dunha varanda que delimite a zona de xogos.
Talo Río terá un novo parque infantil moderno e atractivo

Vías e Obras
23-03-2022 / Vias e Obras
Xa está preparada a reforma do parque de Talo Río. Continuando coa aposta polo desenvolvemento activo e saudable dos mozos do Concello, púxose en marcha o proxecto que pretende renovar por completo o parque infantil de Talo Río. Trátase dunha iniciativa ambiciosa que fará as delicias dos máis pequenos e que perdurará para as próximas xeracións grazas á calidade dos materiais utilizados...
09-09-2021 / Vias e Obras
O Concello de Soutomaior executou ao longo do verán unha serie de traballos de mellora en diferentes centros educativos do municipio co obxectivo de que estes presenten as mellores condicións...
26-07-2021 / Vias e Obras
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o protocolo de acondicionamento...
05-07-2021 / Vias e Obras
Con motivo da necesidade de realizar actuacions na via, concretamente, na zona do cruce da subida ao Colexio Padin Truiteiro en confluencia coa carretera de Soutomaior. Están previstas restricions a...
05-07-2021 / Vias e Obras
O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de acondicionamento e humanización do novo vial de acceso e servizo ao Peirao de Arcade. A mellora eliminou un antigo almacén...
17-06-2021 / Vias e Obras
O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de recuperación do patrimonio que estaba a levar a cabo no lavadoiro de Oliveira, en Arcade. A actuación, enmarcada no Programa...
09-06-2021 / Vias e Obras
Debido a unha avaría na xeral de FD250 situada despois da Casa do Concello vai producir un corte de auga que afectará as zonas da Devesa, Sucadiña, Montesiña,Arcade de Riba,Carballal,A...
12-05-2021 / Vias e Obras
O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de acondicionamento e humanización dun novo vial en Arcade para dar acceso e servizo ao Peirao de Arcade. A mellora eliminará...
>> Vías e Obras
Vías e Obras +