Luns, 25 Outubro 2021 10:05

Mellora no camiño de Alxán de Arriba

Mellora no camiño de Alxán de Arriba

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no camiño de Alxán de Arriba.

A actuación está incluída na primeira fase do Plan Municipal de mellora en camiños do rural, un proxecto que abarca nove actuacións en case todos os barrios do municipio.

 A mellora levada a cabo en Alxán supón a actuación sobre un total de 220 metros cadrados de firme nunha zona puramente residencial. Para iso, regularizouse previamente todo o terreo e retiráronse todos os restos de materia orgánica antes de instalar a nova base e a capa de rodadura de 5cm de espesor de aglomerado bituminoso.

Por último, niveláronse todas as tapas de rexistro e rede de sumidoiros e instaláronse as marcas viarias horizontais e verticais.

A actuación contaba con financiamento a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Dentro desta primeira fase de mellora nos camiños do rural do Concello de Soutomaior tamén están incluídas melloras no camiño de Molarteiro, a senda Pereira-Rial, no vial de acceso a Val- Sobral, no barrio de Cortellas, en Vela e dúas actuacións no barrio de Aranza


Publicado en Vias e Obras
Visto 115 veces


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Mellora no camiño de Alxán de Arriba

25-10-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no camiño de Alxán de Arriba. A actuación está incluída na primeira fase do Plan Municipal de mellora en camiños do rural, un proxecto que abarca nove actuacións en case todos os barrios do municipio.  A mellora levada a cabo en Alxán supón a actuación sobre un total de 220 metros...