Vías e Obras
Vías e Obras +
O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora nos sistemas de climatización na Casa dá Cultura de Soutomaior e a Escola Taller Luís Seoane de Alxán. Os traballos consistiron na colocación de cinco sistemas de frio-calor de alta cualificación enerxética e que supuxeron un custo de máis de 21.000 euros.
Os novos equipos contribuirán a quentar máis rapidamente as estancias, permitindo o seu uso desde un primeiro momento e optimizando así o consumo enerxético ao evitar utilizar sistemas de calefacción máis lentos e menos eficientes que en edificios con teitos de gran altura necesitan estar encenddos durante un longo período de tempo antes de poder facer uso do recinto.
En concreto instaláronse catro novos equipos na Casa dá Cultura, dúas deles de 7,6 e 5,9 kw e cualificación enerxética A+ e dúas de 20kw cunha eficiencia marcada como A++. Pola súa banda, na escola-taller Luís Seoane de Alxán instalouse unha bomba de calor de 7,6 kw e cualificación A+.
Estas obras están dentro do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra
Vías e Obras
14-04-2023 / Vias e Obras
O antigo Colexio da Oliveira converterase nun espazo agradable, moderno e totalmente reformado. Ata o momento as obras realizadas xa renovaron unha importante parte da estrutura, que está sendo utilizada pola Escola de Música Artística de Arcade. Soutomaior quedou entre os primeiros 100 concellos, dos máis de 400 que solicitaron a axuda e conseguiu así esta importante inversión que permitirá aforrar...
15-02-2023 / Vias e Obras
Teredes notado que nas últimas semanas varias rúas locen renovadas. En total, preto de 9.5 quilómetros de estrada foron repintados, incluíndo varios estacionamentos. Os traballos afectaron a varias estradas nas...
14-09-2022 / Vias e Obras
Xa comezaron as obras no primeiro tramo da reforma do Camiño de Santiago. As melloras, que se van estender por boa parte da Ruta Xacobea do noso Concello, arrincaron na...
14-06-2022 / Vias e Obras
Xa está como nova a Casa da Banda de Música Artística de Arcade. Unhas necesarias obras de mantemento e illamento sonoro que permitirán seguir desenvolvendo e favorecendo a cultura no Concello. Máis...
23-03-2022 / Vias e Obras
Xa está preparada a reforma do parque de Talo Río. Continuando coa aposta polo desenvolvemento activo e saudable dos mozos do Concello, púxose en marcha o proxecto que pretende renovar por...
25-10-2021 / Vias e Obras
O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no camiño de Alxán de Arriba. A actuación está incluída na primeira fase do Plan Municipal de mellora en camiños...
09-09-2021 / Vias e Obras
O Concello de Soutomaior executou ao longo do verán unha serie de traballos de mellora en diferentes centros educativos do municipio co obxectivo de que estes presenten as mellores condicións...
26-07-2021 / Vias e Obras
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o protocolo de acondicionamento...
Vías e Obras +