Mércores, 19 Febreiro 2020 11:01

Saneamento na Montesiña

Saneamento na Montesiña

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de instalación do último tramo da rede de saneamento público no barrio da Montesiña.

A mellora conta cun orzamento de execución de 90.000 euros que serán financiados a través do Plan Concellos da Deputación e permitirán o tratamento dos residuos procedentes das dúas instalacións deportivas do municipio.

 Os traballos de mellora na rede de rede de sumidoiros consisten na instalación de case 700 metros de novas conducións e conexións. Ademais, para garantir o correcto funcionamento da rede de saneamento a pesar dos grandes desniveis do barrio da Montesiña, instalouse un pozo de bombeo equipado cunha electrobomba de gran potencia.

 A instalación deste último tramo de rede de sumidoiros, destinada a dar servizo ao complexo deportivo da Montesiña e ao campo municipal de fútbol de Candán ( Graciano Padin), onde xoga o C.D. Soutomaior, ademais de finalizar a rede de saneamento no barrio da Montesiña o Concello amplía o alcance da mesma en previsión de futuras necesidades.


Publicado en Vias e Obras
Visto 972 veces

Vías e Obras

Fondos europeos para continuar ca reforma do Colexio da Oliveira

Fondos europeos para continuar ca reforma do Colexio da Oliveira

14-04-2023 / Vias e Obras

O antigo Colexio da Oliveira converterase nun espazo agradable, moderno e totalmente reformado. Ata o momento as obras realizadas xa renovaron unha importante parte da estrutura, que está sendo utilizada pola Escola de Música Artística de Arcade. Soutomaior quedou entre os primeiros 100 concellos, dos máis de 400 que solicitaron a axuda e conseguiu así esta importante inversión que permitirá aforrar...

Rúas repintadas en varios sitios do concello

Rúas repintadas en varios sitios do concello

15-02-2023 / Vias e Obras

Teredes notado que nas últimas semanas varias rúas locen renovadas. En total, preto de 9.5 quilómetros de estrada foron repintados, incluíndo varios estacionamentos. Os traballos afectaron a varias estradas nas...

As rúas do Concello renóvanse grazas aos fondos para o Camiño de Santiago

As rúas do Concello renóvanse grazas aos fondos para o Camiño de Santiago

14-09-2022 / Vias e Obras

Xa comezaron as obras no primeiro tramo da reforma do Camiño de Santiago. As melloras, que se van estender por boa parte da Ruta Xacobea do noso Concello, arrincaron na...

O Concello comprometido ca música e a cultura

14-06-2022 / Vias e Obras

Xa está como nova a Casa da Banda de Música Artística de Arcade. Unhas necesarias obras de mantemento e illamento sonoro que permitirán seguir desenvolvendo e favorecendo a cultura no Concello. Máis...

Talo Río terá un novo parque infantil moderno e atractivo

23-03-2022 / Vias e Obras

Xa está preparada a reforma do parque de Talo Río. Continuando coa aposta polo desenvolvemento activo e saudable dos mozos do  Concello, púxose en marcha o proxecto que pretende renovar por...

Mellora no camiño de Alxán de Arriba

25-10-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no camiño de Alxán de Arriba. A actuación está incluída na primeira fase do Plan Municipal de mellora en camiños...

Inicio curso escolar – Mellora nos centros educativos

09-09-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior executou ao longo do verán unha serie de traballos de mellora en diferentes centros educativos do municipio co obxectivo de que estes presenten as mellores condicións...

Humanización do Campo da Feira.

26-07-2021 / Vias e Obras

 O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o protocolo de acondicionamento...