Mércores, 02 Decembro 2020 09:29

Acendido luces de Nadal

Acendido luces de Nadal

Sábado 5 de decembro ás 18,15 h. – Alameda de Talo Río

Este próximo sábado, 5 de decembro, ás 18,15 h. procederase ao aceso das luces de Nadal 2020 na Alameda de Talo Río en Arcade.

Haberá un espectáculo de animación “ sementes de luz” dunha duración de 30 minutos. Para este espectáculo o aforo será de 50 persoas cun máximo dous adultos por familia.

En caso de mal tempo suspenderase a actuación de animación pero non o aceso das luces.

 Coa intención de non aglomerar máis espectadores do aforo neste acto o Concello de Soutomaior propón que se siga o aceso desde o facebook do Concello que realizará unha transmisión en vivo por streaming.

 Os interesados poden ver a transmisión desde un teléfono, un ordenador ou unha televisión en liña.


Publicado en Turismo
Visto 453 veces


Concellería de Turismo

Acendido luces de Nadal

02-12-2020 Turismo

Sábado 5 de decembro ás 18,15 h. – Alameda de Talo Río Este próximo sábado, 5 de decembro, ás 18,15 h. procederase ao aceso das luces de Nadal 2020 na Alameda...

Biblioverán 2020

20-07-2020 / Turismo

Dende a Concellería de Cultura, un verán máis se pon en marcha a actividade “Biblioverán” co obxectivo de fomentar a lectura coma fonte de enriquecimento cultural tamén nos espacios de ocio do municipio. Este servicio coordinado pola Biblioteca Municipal ofrece un novo punto de lectura na oficina de Turismo ubicada no Peirao de Arcade, calquera persoa interesada pode achegarse e...

Regreso da feira de Arcade

15-06-2020 / Turismo

A tradicional Feira de Arcade regresará á alameda Talo Río o próximo día 26 tras a finalización do estado de alarma sanitaria. A continuación do mercadillo será total e volverá contar cos case 50 comerciantes que dispoñen de licenza xa que, pola propia extensión dos postos e a gran amplitude da alameda, será posible cumprir as recomendacións sanitarias para o...

Os hostaleiros do Concello de Soutomaior incluirán o “Caldo de Gloria” no seu menú

21-02-2020 / Turismo

Dez restaurantes do Concello sumaranse este luns á proposta da concellería de Comercio para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro cunha homenaxe nos seus menús, o coñecido “Caldo de Gloria”. A iniciativa consiste en ofertar este histórico prato cun acompañamento moi especial, os poemas de Rosalía escritos nos seus manteis e como adorno das súas mesas. A iniciativa, impulsada pola...

O Concello de Soutomaior en Fitur (Feira Internacional de Turismo)

23-01-2020 / Turismo

O concello de Soutomaior estivo representado na Feira Internacional de Turismo (Fitur) enmarcado dentro do novo  xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e a súa campaña “O primeiro reino medieval de Europa”. Representado polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, durante a presentación da nova marca turística pola importancia e cantidade de atractivos históricos que reúne. O Concello de Soutomaior destaca...

Obradoiros de Nadal

23-12-2019 / Turismo

 Alameda de Talo Río – Luns 23 de decembro Globos de Nadal: A creatividade é libre e encheremos o pobo de globos de Nadal feitos polos maís pequenos. Chefs do Nadal: Os nenos e nenas converteranse das mans dos chefs nos mellores cociñeiros de Nadal con con receitas nas que nos mostrarán todo a súa creatividade. Papá Noel recibirá aos nenos e nenas...

Turismo Soutomaior