Xoves, 28 Novembro 2019 10:51

Encendido luces de Nadal 2019 Destacado

Encendido luces de Nadal 2019

O Concello de Soutomaior acenderá o Nadal este venres na praza de Talo Río cun espectáculo dirixido a toda a familia, cheo de luz, música e moita maxia.

 A partir das 17,30 horas e previo ao aceso terá lugar a festa infantil con animación musical, agasallo de gorros de papa Noel, xogos, panxoliñas, etc.

Sobre as 19,00 horas, coa chegada á Alameda das fascinantes medusas feitas con globos e con luz que danzan ao ritmo da música nadando entre o público, procederase ao aceso de máis de 40 arcos luminosos, motivos do Nadal en farois, elementos decorativos en 3D, Belén e bóla de nadal que se distribuirán ao longo do Concello.

Para os nenos/ as que queiran ser protagonistas e pulsar o botón de aceso realizarase un sorteo e os dous agraciados/ as serán xunto o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, os que despois da conta atrás poñerán en marcha as luces do Nadal 2019.


Publicado en Turismo
Visto 559 veces


Concellería de Turismo

Encendido luces de Nadal 2019

28-11-2019 Turismo

O Concello de Soutomaior acenderá o Nadal este venres na praza de Talo Río cun espectáculo dirixido a toda a familia, cheo de luz, música e moita maxia.  A partir das...

O teu Xacobeo "Ti es parte"

04-11-2019 / Turismo

Desde a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC Ourense) están traballando nun programa de actividades que baixo o nome de “Camiño de superación” quere desenvolver unha serie de accións no marco do Camiño de Santiago que contribúan á paulatina recuperación psicosocial e de saúde de persoas que están no proceso de superar o cancro, á vez que transmitimos...

Soutomaior presenta o seu XIX Certame Exposición da Camelia

15-03-2019 / Certame da Camelia

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura, Dores Cernadas, presentaron esta mañá a XIX edición do Certame da Camelia, que se celebrará os días 23 e 24 deste mes. O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta apreciada flor, converterase de novo no escenario perfecto para un festival referencia na comarca. Máis de...

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

18-10-2018 / Turismo

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte...

Presentación do XVIII Certame da Camelia

14-03-2018 / Certame da Camelia

 O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo , Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Pavillón Municipal da Montesiña a XVIII edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana. A mostra, que tradicionalmente levaba a cabo no Castelo de Soutomaior, trasládase este ano ao citado recinto deportivo debido aos traballos de recuperación...

Listado de premiados XVII Certame da Camelia

22-02-2017 / Certame da Camelia

Listado de premiados no XVII Certame da Camelia- Soutomaior 2017   MELLOR FLOR 1º- Sonia Míguez 2º-Fermina Martínez Collazo 3º-Mª Victoria Martínez González MELLOR TRABALLO ARTÍSTICO 1º-Nerea Agrafojo 2º-Ana Mª Cal Barral 3º-Lola y José Álvarez Arza MELLOR TRABALLO ESCOLAR 1º-Colexio de educación infantil de Romaríz: PREMIOS ESCAPARATES DE COMERCIOS EN ARCADE MELLOR FLOR 1º- Peluquería Irene 2º- Rapaces 3º- Embutidos Peña de Francia MELLOR TRABALLO ARTÍSTICO 1º-Farmacia Eugenia 2º-Calzados Passobello 3º-Loterías Pacotrinta PREMIO ESPECIAL LELITA GRADÍN Asoc. De Veciños de Romaríz