Luns, 20 Abril 2020 12:46

Campaña de Costura Solidaria

Campaña de Costura Solidaria

O Concello de Soutomaior recibiu unha importante doazón de máscaras cortadas nas que falta unicamente coser.

Por iso pon en marcha unha campaña de costura solidaria para todos aqueles voluntari@s que queiran participar na súa elaboración completa.

As persoas interesadas nesta iniciativa solidaria poden poñerse contacto a través do teléfono ou WhatsApp (628 07 49 92) ou ben no facebook Concello de Soutomaior

- Tomaremos nota do seu nome, dirección e teléfono

- Farémoslles entrega do material no seu domicilio seguindo as medidas de seguridade

- Unha vez listas ás máscaras recollerésmosllas no seu domicilio

- As máscaras sométense a un proceso de desinfección

- As máscaras repartiranse según o protocolo establecido

Gracias pola vosa colaboración

 


Publicado en Sanidade
Visto 777 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Uso da máscara obrigatoria

20-05-2020 / Sanidade

A partir do xoves 21 de maio, será obrigatorio o uso de máscara en interiores e exteriores onde non se poida garantir os dous metros de distanciamento pola pandemia de coronavirus. Así, mediante a orde disponse, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en...