Venres, 04 Xuño 2021 17:57

Cribado masivo no Concello de Soutomaior

Cribado masivo no Concello de Soutomaior

Debido ao aumento de casos positivos no noso Concello nos últimos días o SERGAS decidiu realizar un cribado masivo.

As probas para detectar contagios de coronavirus realizaranse a veciñ@s que teñan entre 20 e 49 anos.

Este cribado realizarase desde a tarde do luns ata o xoves no Peirao de Arcade.

Faise un rogo público a que todos os que sexan citados sexan responsables e acudan á súa cita.

Este cribado enmárcase na estratexia desenvolvida polo Sergas para realizar cribados poboacionais a persoas asintomáticas, e detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e, por tanto, poden ser potenciais contagiadores e estar a contribuír á expansión do virus.


Publicado en Sanidade
Visto 1010 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Soutomaior pasa a nivel medio de restricións

09-06-2021 / Sanidade

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19 acordou na súa reunión deste martes eleva as restricións no Concello de Soutomaior, que sobe ao medio desde o vindeiro sábado 12 de xuño. A partir de dita data ningún concello galego quedará en nivel máximo nin alto de restricións. No chanzo medio quedan...