Xoves, 18 Marzo 2021 10:57

Novas medidas da desescalada

Novas medidas da desescalada

 A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde mediante a cal establece as novas medidas da desescalada no comunidade.

 Estas medidas entrarán en vigor na madrugada deste xoves ao venres 19 de marzo e revisaranse días antes de Semana Santa.

As restricións para cumprir en cada municipio dependerá do nivel de restricións no que se atope.

O Concello de Soutomaior atópase situado en nivel medio polo que pasamos a resumir as medidas que nos afectan:

Movilidade entre Concellos: Permítese a mobilidade en toda Galicia excepto nos Concellos de Vilardevós, Paradela e Maside.

Peche perimetral: A comunidade galega igual que o resto de comunidades de España permanecerá pechada perimetralmente.

Horarios hostalería: Peche ás 21,00 horas. Aforo en interior 30% en exterior 50%

Toque de queda: Entre as 22,00 e as 06,00 horas

Reunións en domicilios: Desde este venres as reunións en domicilios de persoas non conviventes quedan prohibidas.

Reunións sociais: Permítense as reunións de ata seis persoas non conviventes no exterior e de ata catro persoas en lugares públicos de carácter pechado.

Para máis información no DOG (Diario Oficial de Galicia)


Publicado en Sanidade
Visto 600 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Novas medidas acordadas polo comité clínico

15-04-2021 / Sanidade

Galicia segue avanzando con prudencia no seu modelo de apertura gradual coa adopción de novas medidas por parte do comité clínico : En vigor desde as 00,00 h do venres, 16 de abril -           Mantense o peche perimetral da Comunidade Galega -          O toque de queda pasa das 22,00 h ás 23,00 h Na hostalería Mantense o tope de apertura dos bares ás 21,00 h  Poderán...