Sanidade
Sanidade +
Desde este venres ás 00:00 horas o Concello de Soutomaior para do nivel de restrición máxima a nivel de restrición alta polo que entran en vigor novas medidas que afectan ao noso Concello.
Lembrar que como persoas seguimos tendo a responsabilidade de reducir o noso risco de contaxio mediante accións que están exclusivamente na nosa man e a nosa contorna próxima. Isto beneficiará á vida social, económica e doutros ámbitos no noso Concello polo que solicitamos cúmpranse as medidas postas en marcha polas autoridades sanitarias e así non dar pasos atrás que tantos problemas tráennos no noso día a día.
As novas medidas comezarán ás 00:00 horas do día 12 de marzo de 2021
Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno
Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de actividades esenciais.
Limitación da permanencia de grupos en espazos públicos ou privados
Limitanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
Limitación da entrada e saída das persoas do ámbito territorial dos concellos
A mobilidade será soamente entre os concellos do mesmo nivel de restricións.
Establecementos de hostalaría e restauración
Non está permitido o consumo no interior.
Nas terrazas ao aire libre:Limitación ao 50% das mesas permitidas.
A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
Horario do peche ao público: 18:00 horas.
Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.
Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.
Establecementos e locais comerciais
Establecemento retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% da súa capacidade.
Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.
Actividade deportiva
Non federada: Ao aire libre ou en instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía.
• Instalacións deportivas cubertas: límite 30% da capacidade máxima permitida.
Federada: • Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados
Sanidade
14-10-2022 / Sanidade
O Conselleiro de Sanidade reuniusehoxe co alcalde de Soutomaior para asinar o convenio de colaboración do novo centro de Saúde que se construirá en fronte ao IES Soutomaior. O conselleiro lembrou que o proxecto de Soutomaior é unha prioridade para a Consellería e que os plans para este novo espazo, que contará co triplo de metros cadrados que o actual...
29-12-2021 / Sanidade
O comité clínico acorda o peche dos locais de hostalería e restauración e do ocio nocturno: En vigor desde as 00,00 h do 30 de decembro e ata o 18 de...
24-08-2021 / Sanidade
O Concello de Soutomaior acollerá un novo cribado masivo dirixido á poboación de entre 14 e 29 anos. Será con proba PCR e levará a cabo o venres día 27 de agosto...
29-07-2021 / Sanidade
Segun acordou o comité clínico o Concello de Soutomaior pasara a nivel ALTO de restriccións as 00:00 horas do día 31 de Xullo ( noite de venres a sábado) Cambio de...
13-07-2021 / Sanidade
Ante a actual situación de novos casos activos, o Concello de Soutomaior volve informar os datos da incidencia acumulada nos últimos días e dos novos casos diagnosticados. Nos últimos días produciuse...
09-06-2021 / Sanidade
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19 acordou na súa reunión deste martes eleva as restricións no Concello de Soutomaior, que...
04-06-2021 / Sanidade
Debido ao aumento de casos positivos no noso Concello nos últimos días o SERGAS decidiu realizar un cribado masivo. As probas para detectar contagios de coronavirus realizaranse a veciñ@s que teñan...
21-05-2021 / Sanidade
O comité clínico que asesora á Xunta ante a pandemia de Covid acordou que o Concello de Soutomaior , despois de ver a evolución dos últimos casos activos, pase a...
Sanidade +