Xoves, 20 Abril 2017 13:09

A Xunta destina 180.000 euros

Apoio a asociacións e federacións de mulleres

Apoio a asociacións e federacións de mulleres

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas destinada a fomentar o asociacionismo e participación de mulleres.

Este ano 2017 conta cun orzamento total de 180.000 euros, que se distribúe en dúas liñas: a primeira, de consolidación do movemento asociativo, e que financia gastos correntes e de mantemento da entidade; e a segunda, de promoción de actuacións e actividades de sensibilización e concienciación en materia de igualdade.

A convocatoria, de concorrencia competitiva, está dirixida a asociacións e federacións de mulleres sen ánimo de lucro, sempre que cumpran os seguintes requisitos: ter domicilio social en Galicia; estar legalmente constituídas; estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS); ter entre os seus fins e obxectivos promover a igualdade entre homes e mulleres e potenciar a participación feminina; e que as mulleres socias representen, polo menos, o 90% do total de asociadas.

En canto ás accións obxecto de subvención, a través da primeira liña poderanse financiar os gastos correntes de mantemento e funcionamento ordinario das entidades xerados entre o 1 de novembro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.

Pola súa banda, a segunda liña, apoiará actividades formativas e de divulgación relacionadas coa sensibilización e concienciación, empoderamento e participación activa, e de adquisición de competencias e habilidades básicas para promover unha maior autonomía das mulleres.

A contía máxima das axudas que se poden conceder ao abeiro desta convocatoria é de 3.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá.


Publicado en Igualdade
Visto 2013 veces

Igualdade

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

28-06-2023 / Espazo Diversidade (Igualdade)

Desde o Concello de Soutomaior este 28 de Xuño queremos lembrar a toda as persoas que marcaron un antes e un despois na historia da nosa comunidade LGTBIQA+. Persoas que alzaron a súa voz ante o sistema e visibilizaron, desde o seu activismo cotiá, unha realidade DIVERSA afectivo-sexual que fai a nosa comunidade máis nutritiva e enriquecedora para todas.   Falamos de...

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

12-05-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

 Este ano os campamentos de conciliación familiar esténdense todo o verán. Comezamos o día 26 de xuño co xa habitual ‘Campamento Concilia’, que se dividirá en tres quendas ata o...

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

04-04-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

Hoxe foi o primeiro dia do Campamento Concilia de Semana Santa. Media centena de cativos e cativas pasaron unha mañá divertida cos seus amigos. Esta iniciativa, que xa ven sendo...

Comeza o curso de Arteterapia

21-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Arteterapia, un obradoiro que promete mellorar a autoconciencia e a calidade de vida das súas participantes. Esta iniciativa, que se encadra dentro do...

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

16-03-2023 / Espazo Redes (Igualdade)

Hoxe tivo lugar unha nova reunión cas asociacións de mulleres e veciñais con vogalía de muller do noso concello. Estas reunións, que fan parte do Programa Enredadas teñen como obxectivo...

Presentamos o Campamento para favorecer a conciliación familiar en Semana Santa

15-03-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de Semana Santa. Esta iniciativa do Concello, organizada a través do CIM, busca ofrecer unha alternativa de conciliación familiar...

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

08-03-2023 / 8M (Igualdade)

Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández. A obra fai un repaso á historia do...

A concelleira presenta as novas sesións de Arteterapia

07-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

O CIM ofrece un novo obradoiro dentro do Espazo de Autocoidado. Nesta ocasión será de Arteterapia. Todas as interesadas poden inscribirse xa nesta iniciativa que terá lugar os martes de...