Venres, 13 Mai 2022 14:13

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

O próximo 4 de xuño, as mulleres de Soutomaior poderán gozar dunha excursión relaxante e divertida coa que escapar durante toda unha xornada da rutina.

Trátase dunha visita na que as participantes poderán gozar do coñecido balneario Arnoia  Caldaria. Despois, todas as asistentes compartirán unha comida en Ourense para posteriormente ocupar a tarde paseando pola cidade.

Esta  Xuntanza de Mulleres, que xa celebra a súa  XIII Edición, ten como obxectivo favorecer os momentos de lecer e desconexión entre as mulleres do  Concello, ademais de fortalecer os lazos entre veciñas, algo moi importante en momentos como os actuais, nos que a vida social da poboación viuse moi afectada.

A excursión dará inicio ás 8.30  h coa saída desde a para de autobuses escolar de Soutomaior e ás 9.00  h coa saída desde o Cruce de  Pierres.

As interesadas poden anotarse a través da pestana de inscricións de Gabinete Soutomaior ( t.ly/d-9X ), ou en persoa, na oficina do CIM no  Multiúsos. O prazo termina o día 30 deste mes e a excusión ten un prezo de 30 euros para empadroadas e 35 para non empadroadas.

 


Visto 708 veces

Igualdade

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

28-06-2023 / Espazo Diversidade (Igualdade)

Desde o Concello de Soutomaior este 28 de Xuño queremos lembrar a toda as persoas que marcaron un antes e un despois na historia da nosa comunidade LGTBIQA+. Persoas que alzaron a súa voz ante o sistema e visibilizaron, desde o seu activismo cotiá, unha realidade DIVERSA afectivo-sexual que fai a nosa comunidade máis nutritiva e enriquecedora para todas.   Falamos de...

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

12-05-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

 Este ano os campamentos de conciliación familiar esténdense todo o verán. Comezamos o día 26 de xuño co xa habitual ‘Campamento Concilia’, que se dividirá en tres quendas ata o...

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

04-04-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

Hoxe foi o primeiro dia do Campamento Concilia de Semana Santa. Media centena de cativos e cativas pasaron unha mañá divertida cos seus amigos. Esta iniciativa, que xa ven sendo...

Comeza o curso de Arteterapia

21-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Arteterapia, un obradoiro que promete mellorar a autoconciencia e a calidade de vida das súas participantes. Esta iniciativa, que se encadra dentro do...

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

16-03-2023 / Espazo Redes (Igualdade)

Hoxe tivo lugar unha nova reunión cas asociacións de mulleres e veciñais con vogalía de muller do noso concello. Estas reunións, que fan parte do Programa Enredadas teñen como obxectivo...

Presentamos o Campamento para favorecer a conciliación familiar en Semana Santa

15-03-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de Semana Santa. Esta iniciativa do Concello, organizada a través do CIM, busca ofrecer unha alternativa de conciliación familiar...

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

08-03-2023 / 8M (Igualdade)

Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández. A obra fai un repaso á historia do...

A concelleira presenta as novas sesións de Arteterapia

07-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

O CIM ofrece un novo obradoiro dentro do Espazo de Autocoidado. Nesta ocasión será de Arteterapia. Todas as interesadas poden inscribirse xa nesta iniciativa que terá lugar os martes de...