Luns, 21 Marzo 2022 14:20

Inscríbete xa no 'ESPAZO CONCILIA', o campamento de Semana Santa do Concello de Soutomaior

Inscríbete xa no 'ESPAZO CONCILIA', o campamento de Semana Santa do Concello de Soutomaior

Hoxe empeza o prazo de inscrición no programa ESPAZO CONCILIA, un plan que o Concello pon en marcha a través da Concellería de Igualdade para ofrecer unha alternativa de conciliación ás familias durante as vacacións escolares.
O programa, que vai dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, terá lugar durante os días 11,12,13 e 18 de abril de 9.00 a 14.00 horas, aínda que os pais terán a posibilidade de deixar aos cativos ás 8.00 e recollelos ás 15.00 horas.
 Máis aló de favorecer a conciliación familiar, o plan busca ofrecer unha alternativa de lecer aos nenos do concello, mediante actividades lúdicas monitoradas por profesionais. En total, serán 50 os nenos que poderán gozar dunha praza do ESPAZO CONCILIA.
Unha vez rematado ou prazo de inscrición o dia 1 de abril, o CIM comunicará ás familias as crianzas admitidas.
Terán prioridade as familias nas que ambos os titores estean a traballar; as familias monomarentais; e as familias con ingresos baixos.

Inscríbete a través desta ligazón ou nas oficinas do CIM os luns e mércores de 9.00 a 14.00 horas.


Visto 221 veces

Igualdade

O Espazo Concilia volve polo Nadal

O Espazo Concilia volve polo Nadal

04-12-2022 / Espazo concilia (Igualdade)

Como ven sendo habitual, o Concello desenvolve iniciativas que facilitan a conciliación familiar de pais e nais. Dentro destas iniciativas destaca o ESPAZO CONCILIA. Agora o ESPAZO CONCILIA volve con motivo das vacacións escolares de Nadal. Nesta ocasión desenvolverase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 9 a 14 horas coa posibilidade de entrar ás...

Somos a sede da Mesa de Coordinación Interinstitucional para acabar ca violencia de xénero

Somos a sede da Mesa de Coordinación Interinstitucional para acabar ca violencia de xénero

02-12-2022 / 25N (Igualdade)

Onte celebrouse unha nova Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. No Multiúsos reuníronse representantes de varios sectores, dende os Corpos de Seguridade, ata a membros da Xunta...

Sempre do lado das víctimas: O concello presenta a campaña do 25N

Sempre do lado das víctimas: O concello presenta a campaña do 25N

11-11-2022 / 25N (Igualdade)

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade e o CIM (Centro de Información a Muller) pon en marcha a campaña do 25 N, Día Internacional  violencias machistas...

Máis de vinte veciñas melloraron a súa empregabilidade gracias a "Galegas Dixitais"

27-10-2022 / Espazo Formativo e Cultural (Igualdade)

Hoxe o alcalde de Soutomaior e a Concelleira de Igualdade achegáronse á última sesión de 'Galegas Dixitais' para despedir ás participantes e agradecerlles o seu interese. A iniciativa tiña como...

As mulleres de Soutomaior poderán mellorara as súas habilidades informáticas e recibir un portátil completamente gratis

24-08-2022 / Espazo Formativo e Cultural (Igualdade)

O CIM coordina un programa de formación para a dixitalización das mulleres dirixido preferentemente ás mulleres desempregadas, pero aberto á todas as interesadas.    En total serán 120 horas nas que as...

O CIM comeza o curso con dúas actividades para fomentar o Autocoidado

23-08-2022 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

O CIM ofrece este mes de setembro dúas actividades dirixidas a mulleres que queiran aprender máis sobre autocoidado para sentirse mellor baixo o programa ‘O meu tempo’. En primeiro lugar, un...

A Conselleira da Xunta visita o CIM de Soutomaior e destaca o seu excelente traballo

18-08-2022 / Igualdade

A conselleira de Promoción de emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Soutomaior e ca concelleira de Igualdade para realizar unha visita ao Centro de Información...

Remata a primeira quenda de participantes no Soutomaior Concilia

18-07-2022 / Espazo concilia (Igualdade)

A concellería de Igualdade organiza a través do CIM, tres campamentos de verán baixo o título de Soutomaior Concilia. A semana pasadas terminou a experiencia do primeiro grupo formado por máis...