Mércores, 23 Febreiro 2022 11:23

Programación do 8M. Día Internacional da Muller

Programación do 8M. Día Internacional da Muller

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade da a coñecer a programación con relación o 8M, Día Internacional da Muller, para conmemorar a loita das mulleres pola igualdade real nos diferentes eidos da nosa sociedade.

Chegamos o 8 de marzo despois de dous anos difíciles para a nosa sociedade, especialmente para as mulleres, polo impacto que a pandemia está tendo a nivel sanitario, económico, social e a nivel de coidados, o que pon de novo no punto de mira a necesidade de reforzar as políticas de igualdade e de conciliación para evitar o crecemento das desigualdades, e promover o cambio cara a igualdade real.

Baixo o lema 8M INFINITAS, este ano a campaña quere centrar o seu foco na diversidade dos feminismos, a fortaleza de nutrirnos das diferenzas xeracionais, raciais, sexuais , mentais,... Diversas, conectadas, loitadoras, unha mirada atrás para lembrar as esquecidas e unha mirada adiante para construír a igualdade real.

Así mesmo o Concello de Soutomaior aposta por visibilizar o traballo das novas xeracións da súa poboación apostando por dúas rapazas do concello:

ELBA ALJÁN ALVES para ilustrar a campaña do 8M Municipal e
RAQUEL FERNANDEZ REGUERA para o proxeto do documental “NOS INFINITAS”

Elba é Técnica en Ilustración e Premio Execelencia Académica en Artes 2020 polo seu TFE.

Actualmente estudante de Deseño Gráfico na EASD Pablo Picasso, A Coruña. Para as súas obras gústalle pasearse por la historia do arte e do deseño, aínda que ten unha gran preferencia pola cultura celta. Seus amigos e a zona na que vive tamén son una gran fonte de inspiración.

A Ilustración creada para a campaña a autora describea do seguinte modo:
Nela podemos ver un grupo de amigas coas que poder identificarnos. Están en armonía sentadas nun dos muros da Peneda, deixando así ver unha paisaxe da Ría de Vigo sobre a que destaca a Ponte de Rande. A escea sucede durante a noite e pódese ver unha representación do ciclo lunar completo (que forma un infinito), xa que estas dúas cousas sempre estiveron ligadas a muller pola súa misticidade e influencia sobre os nosos períodos, así tamén recordándonos as meigas.

 

Forman parte da programación varios eventos:

O venres día 4 de marzo

Na Biblioteca municipal Luís Seoane, as 18h. a representación do espectáculo de narración oral “CARABRANCA” interpretado por Iria Pinheiro. O evento vai dirixido a persoas maiores de 3 anos. Iria Pinheiro é licenciada en psicopedagoxía e actriz (Premio María Casares mellor actriz e mellor texto orixinal 2019 e Premio Maruxa Villanueva á interpretación 2019). Carabranca é unha nena perita que logro todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. A partir do teatro de obxectos a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade. A entrada é de balde, pero hai que facer unha reserva na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior.

As inscricións na web:

https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2766/contacontos-carabranca

 

O Venres 11 de marzo

Presentación e visionado do documental “NOS, INFINITAS”, no salón de actos do Edificio Multiusos de Arcade.
Este documental realizado por Raquel Fernández Reguera e Coral Piñeiro González, en colaboración co CIM de Soutomaior, pretende centrar o foco nas diversas experiencias xeneracionais e culturais de diferentes mulleres sobre os retos feministas que debe abordar a sociedade.

Un documental que amosa as testemuñas de diferentes mulleres do Concello de Soutomaior para facer reflexionar á cidadanía sobre a igualdade e os retos que se atopan as mulleres hoxe en día.
Raquel Fernández Reguera é graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado de especialización en Historia Contemporánea. As súas investigacións centráronse nos movementos sociais e nos feminismos, máis concretamente nos movementos estudantís e no movemento feminista organizado desenvolvido na Galicia. No ano 2020, puxo en marcha o seu propio proxecto de divulgación na rede chamado @mulleresgalegas, que ten o obxectivo de difundir o legado das mulleres de Galicia e fomentar a igualdade ao proporcionar referentes femininos propios. Esta labor que realiza na rede complétase coa impartición de charlas e conferencias en asociacións e outro tipo de entidades.

No proxeto deste documental contamos coa graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela Coral Piñeiro González Actualmene, estase especializando cun mestrado en Motion Graphics e Animación 3D. No 2020, dirixiu Dores, un documental de memoria histórica sobre os campos de concentración de Franco en Galicia. Este foi seleccionado no festival DoscBarcelona, no Cine Incorto México e en El Cine Suma Paz Colombia. Ademais, recibiu o premio do público no Ourense Film Festival (OUFF) en Curto. Durante a súa recente trayectoria ten pasado por diferentes postos dentro do sector audiovisual como rexidora e axudante de realización na TVG ou técnica de sonido. Entrada de balde

 

O venres 18 de marzo

Na Biblioteca Luis Seoane de Arcade, levarase a cabo charla coloquio “SOMOS, POR ELAS FORON. O movemento feminista en Galicia”, a cargo da historiadora Raquel Fernández Reguera. Nesta conferencia profundizaremos no devir do movemento feminista durante a transición á

democracia desde unha perspectiva histórica e social.


Publicado en Igualdade
Visto 301 veces

Igualdade

Remata a primeira quenda de participantes no Soutomaior Concilia

Remata a primeira quenda de participantes no Soutomaior Concilia

18-07-2022 / Igualdade

A concellería de Igualdade organiza a través da OMIX, tres campamentos de verán baixo o título de Soutomaior Concilia. A semana pasadas terminou a experiencia do primeiro grupo formado por máis de 45 nenos e nenas, que durante dúas semanas pasárono en grande e coñeceron a novos amigos. Pintura, debuxo, artes escénicas e tecnoloxía foron os temas principais deste campamento. A...

Poesía, humor e concerto de Susana Seivane para pechar o mes do Orgullo

Poesía, humor e concerto de Susana Seivane para pechar o mes do Orgullo

29-06-2022 / Igualdade

Este venres pechamos o mes do Orgullo cun acto no Multiúsos que pretende homenaxear a todos e todas as que seguen loitando pola súa liberdade. Será a partir das 19.00 h...

Soutomaior comprometido co colectivo LGTBI+

Soutomaior comprometido co colectivo LGTBI+

28-06-2022 / Igualdade

Sumámonos ás reivindicacións polo Día do Orgullo. A bandeira que onte colgaba a nosa concelleira de Igualdade na fachada do Concello, é moito máis que unha bandeira. É unha declaración...

Traballo incansable na loita contra a Violencia de Xénero

31-05-2022 / Igualdade

Esta mañá convocouse a 8ª Mesa de Coordinación Interinstitucional para a abordaxe integral da violencia de xénero, presidida polo alcalde de Soutoma coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade e...

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

13-05-2022 / Igualdade

O próximo 4 de xuño, as mulleres de Soutomaior poderán gozar dunha excursión relaxante e divertida coa que escapar durante toda unha xornada da rutina. Trátase dunha visita na que as...

Arcade estrea un novo espazo e aproveita para mostrar o seu apoio á comunidade LGTBI

11-05-2022 / Igualdade

Arcade estrea o vindeiro venres día 20 un novo espazo polo que pasear e gozar dun tempo de lecer ao aire libre. Trátase dun paseo situado nunha marxe da Avenida...

Soutomaior Concilia - Inscríbete nos campamentos de conciliación familiar deste verán

06-05-2022 / Igualdade

O Concello de Soutomaior é consciente da importancia de promover axudas ás familias para conciliar a vida familiar e laboral. Existe unha demanda por parte da cidadanía de programas para...

O Concello pon o foco na atención psicolóxica dos mozos co Programa Tránsitos

28-03-2022 / Igualdade

O pasado venres, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera,  e a concelleira de Igualdade, Cristina González, achegáronse ao Multiúsos para presentar o Programa Tránsitos, unha iniciativa que busca reforzar a...