Martes, 01 Xuño 2021 09:30

Somos diversidade

Somos diversidade

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Igualdade pon en marcha o programa “Somos diversidade”  enmarcado entre dúas datas de conmemoración internacionais, o 17 de maio, día internacional contra a homofobia, bifobia e transfobia e o 28 de xuño día internacional do orgullo LGBT para promover a tolerancia, a igualdade de dereitos ante a lei a non discriminación e a dignidade das persoas LGBT+.

Durante todo o mes de xuño levarase a cabo no edificio Multiusos de Arcade un ciclo de contacontos para a educación na diversidade e a obra teatral ELISA E MARCELA.Na biblioteca Luís Seoane de Arcade dispoñerá de un punto de lectura para todas as idades sobre a temática de educación afetivo-sexual.

O 4 de xuño, no exterior do edificio, ás 19 h. Rosa e Azul da man da compañía Pérez&Fernández, é un espectáculo de narración oral dirixido ao público familiar Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos . A través da manipulación de xoguetes e títeres artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respecto, o amor, a tolerancia e a diversidade.

O 11 de xuño, no exterior do edifico Multiusos, ás 19 h. Príncipas e princesos, onde ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Princesos. Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos de príncipes e princesas da man de Pablo Sánchez ‘Pablísimo’, un dos contadores de referencia do panorama galego.

Ás 21:30, esta vez no salón de actos do edificio Multiusos, representación da comedia musical Elisa e Marcela  representada a cargo da compañía de teatro “A panadería”, baseada nun caso real do ano 1901, narra unha historia de amor a contratempo.

Elisa e Marcela, espectáculo sobre a historia do primer matrimónio lésbico, recibiu grandes eloxios da crítica e 9 premios, incluíndo o de Mellor espectáculo María Casares 2018, premios as actrices, o texto, a dirección e o público, premios de igualdade e LGTBI+:

E para finalizar o día 25 de xuño, ás 19:00h. no exterior do edifico Multiusos de Arcade  xogos con teatro e música para toda a familia da man da compañía Cía. Paporrubio.

 


 


Publicado en Igualdade
Visto 367 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Andaina “O rural contra a violencia de xénero”

11-11-2021 / Igualdade

O GDR Pontevedra-Morrazo está a organizar dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza e baixo o lema (común de todos os GDR de Galicia) "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" unha andaina que se celebrará o VINDEIRO 13 DE NOVEMBRO co obxectivo de concienciar e loitar contra a violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia...

Teatro: “O Candil”

10-11-2021 / Igualdade

Este sábado no Multiusos de Arcade á 21,00 horas, continuando coas actividades do 25 N, representarase a obra “O Candil”. A entrada será gratuíta ata completar aforo.  “O Candil” revive algunas das nosas figuras teatrais máis internacionais e representativas como a Bella Otero ou a “Princesa Borbón”; e outras empresarias como Lino Pérez ou Isaac Fraga, facendo con elas memoria das nosas...

Teatro. “Pelos na lingua”

05-11-2021 / Igualdade

Este domingo ás 20,00 horas no Multiusos de Arcade represéntase a obra “Pelos na lingua” dentro do programa de dinamización lingüística “FalaRedes” da Xunta de Galicia.  Non é necesaria a inscrición xa que será por orde de chegada ata completar o aforo Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto a a lingua:...

Participación do comercio na campaña do Ultravioleta 25N

02-11-2021 / Igualdade

Se tes un establecemento é estás interesada en participar e difundir a campaña do 25N, tes que poñerte en contacto co CIM a través do seguinte enlace ou ben chamando o número do Concello( 986705106) para anotarte na campaña. Unha vez teñamos a túa solicitude de participación, o CIM porase en contacto para facilitar o material da campaña. Esperamos que vos...

25 N – Redrum Teatro: Invisibles

26-10-2021 / Igualdade

Dentro da campaña do 25 N (día internacional da eliminación das violencias machistas) o Concello de Soutomaior presenta  odía 30 de Octubro ás 21h, no auditorio do Centro Multiúsos de Arcade, representación da obra INVISIBLES a cargo da compañía Redrum Teatro. Invisibles presenta a tres mulleres de idades e perfis sociais diferentes. Sete testemuñas repartidas en sesenta minutos con un fio...

Participación do comercio na campaña do Ultravioleta 25N

25-10-2021 / Igualdade

Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM (Centro de Información á Muller) poñemos en marcha a campaña “Ultravioleta” dando luz ás violencias invisibles, con motivo do 25N Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas. No ano 2000 a Asemblea Xeneral de Nacións Unidas adopta unha resolución que designa o 25 de novembro como o Dia Internacional da Eliminación...