Martes, 11 Febreiro 2020 10:04

Exposición sobre as mulleres científicas de Galicia

Exposición sobre as mulleres científicas de Galicia

Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior, a través da súa concellería de Igualdade, organiza a exposición “Premios María Josefa Wonenburguer Planells”. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa que se pretende recoñecer o papel das mulleres na ciencia.

A mostra poderase visitar de maneira totalmente gratuíta desde mañá ata o próximo 26 de febreiro no horario habitual do Multiusos de Arcade. A mostra recolle a través de 13 paneis as contribucións feitas á ciencia e a tecnoloxía por mulleres galegas que foron galardoadas co premio María Josefa Wonengurguer Planells, un premio que a Xunta de Galicia outorga desde o ano 2007 a través da unidade de Muller e Ciencia.

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo. Recibiu unha das primeiras bolsas Fullbright coa que estudou na americana universidade de Yale. As súas investigacións centráronse na teoría de grupos e os algebras de Lie.


Publicado en Igualdade
Visto 184 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Coronavirus - Servizo de atención psicolóxica

23-03-2020 / Igualdade

Desde o Concello de Soutomaior  activase o teléfono de atención psicolóxica telefónica os LUNS e MÉRCORES de 9:00 a 14:00 horas, no teléfono 986 70 12 27 para poder ofrecer una posible resposta ante  problemas derivados do confinamento en domicilios. Lembramos  a activación do teléfono social  de voluntariado da Xunta de Galicia, 900 400 800, que complementa o xa existente para...

Día Internacional da Muller – 8M

04-03-2020 / Igualdade

O Multiusos de Arcade acolle este domingo día 8 de marzo o primeiro dos actos programados para conmemorar o Día Internacional da Muller: homenaxe a Carmen “a Zoca”. A protagonista do mural pintado polo artista Yoseba Muruzabal na entrada de Arcade. O acto inclúe a proxección do documental “Fenómenos do Rural” no que o artista recolle varios dos seus traballos e...

Exposición sobre as mulleres científicas de Galicia

11-02-2020 / Igualdade

Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior, a través da súa concellería de Igualdade, organiza a exposición “Premios María Josefa Wonenburguer Planells”. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa que se pretende recoñecer o papel das mulleres na ciencia. A mostra poderase visitar de maneira totalmente gratuíta desde mañá ata...

Mural homenaxe ás mulleres do mar

22-01-2020 / Igualdade

A entrada de Arcade conta desde esta semana cunha nova homenaxe á figura das mulleres do mar, un mural de máis de 100 metros cadrados dedicado a unha veciña do municipio, “Carmen, a muller bivalvo”. A obra foi pintada polo artista Yoseba Muruzabal con motivo do Día Internacional da Muller Rural, celebrado recentemente pola Concellería de Igualdade do Concello de...

Soutomaior – 25 N

25-11-2019 / Igualdade

O obxectivo é concienciar a toda a poboación da necesidade de erradicar calquera tipo de violencia contra a muller.  No Concello de  Soutomaior no día 25 de novembro, día internacional da non violencia contra as mulleres, tivo hoxe un marcado protagonismo para os nenos e nenas do centro educativo de Romariz. Alí coa presenza da Concelleira de Igualdade, Cristina González e do...

Curso técnicas de autodefensa.

25-11-2019 / Igualdade

18 veciñas dos Concellos de  Soutomaior e Pazos de Borbén participaron no curso intensivo de técnicas de autodefensa para mulleres organizado conxuntamente por ambos os Concellos. O curso tiña como obxectivo ofrecer ás participantes unha serie de técnicas e estratexias defensivas de efectividade comprobada #ante posibles situacións violentas, tanto para a súa prevención como para a súa evasión en caso de...