Luns, 27 Mai 2019 12:58

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade. 

Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela "22 segundos “ é a narrativa que nos vai a presentar. Iria Misa, licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario,  preséntanos o seu libro"Mamá, quero ser Ziggy Stardust" , finalista do Premio Agustín Fernández Paz e Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Cristina Palacios, presidenta da asociación ARELAS desde 2015, Traballadora  Social e docente. Unha das  impulsoras de la Lei de Identidade  de Xénero de Galicia. Co-organizadora das  I y II Xornadas sobre Diversidade Sexual desde a  Educación na Facultade  de Ciencias da Educación da USC. 

No coloquio poderan participar todas as  persoas presentes na biblioteca para resolver calquera dúbida ou inquedanza que teñan ou plantexar o seu punto de vista. Dende a Concellería de Igualdade animamos a participar a toda a ciudadanía nesta actividade de promoción do respecto a diversidade sexual.

 


Publicado en Igualdade
Visto 323 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

12-11-2019 / Igualdade

Do 14 de Novembro ao 11 de decembro – Multiusos de Arcade Horario de luns a venres de 10 a 14 h. Martes e Xoves de 16 a 20 h. Inauguraciñon da exposición o xoves 14 de novembro ás 12,00 h Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación...

Programa educación afectivo-sexual nos centros escolares

08-11-2019 / Igualdade

O Concello de Soutomaior iniciou o seu novo programa de educación afectivo-sexual. Unha iniciativa titulada “Ímolaghozar” coa que desde a Concellería de Igualdade quérese fomentar unha correcta educación sexual nos centros de ensino do municipio. O proxecto está dirixido a todos os alumnos desde 4º de primaria a 1º de bacharelato e terá unha duración dun mes. O principal obxectivo é...

“Fenómenos do rural”, - Proxección documental / Mural - Aprazados

30-10-2019 / Igualdade

Por motivos meteorolóxicos queda aprazado o pintado do mural e a proxección dos documental “Fenómenos do rural” que con motivo do Día Internacional da muller organiza o Concello de Soutomaior para poñer en valor a historia das mulleres galegas. A exposición seguirá aberta ata que se poida realizar o pintado do mural e finalizará coa proxección do documental.

Fenómenos do rural – Exposición e Mural

18-10-2019 / Igualdade

Con motivo do Día Internacional da Muller do Rural o Concello de Soutomaior organiza unha serie de actos dedicados a poñer en valor a historia das mulleres galegas. Ata o próximo día 30, o multiusos de Arcade acollerá a exposición “Fenómenos do rural”, que finalizará coa proxección do documental do mesmo nome no que o autor recolle a historia que...

Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.

11-10-2019 / Igualdade

O Concello de Soutomaior continua coa súa loita contra a violencia machista, para iso organizou a súa sétima mesa de coordinación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. Unha cita interinstitucional que integra o ámbito educativo, sanitario, aos servizos sociais e aos corpos de seguridade para crear redes de traballo e sistemas de coordinación que axilicen e...

Programa de educación afectivo-sexual

03-10-2019 / Igualdade

O Concello de Soutomaior, a través da súa Concellería de Igualdade, acaba de presentar o seu programa “*ÍmoloGhozar”. Unha iniciativa coa que quere fomentar unha correcta educación sexual nos centros de ensino do municipio. O proxecto está dirixido a todos os alumnos desde 4º de primaria a 1º de bacharelato e terá unha duración dun mes. O principal obxectivo é o...