Luns, 11 Abril 2022 14:33

O Concello organiza unha excursión para os maiores a Santiago de Compostela

O Concello organiza unha excursión para os maiores a Santiago de Compostela

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a  concelleira de Servizos Sociais, Cristina González, presentaron esta mañá a nova edición de ‘O día dos nosos maiores’. Un acontecemento que terá lugar o día 8 de maio e que, como vén sendo habitual, celebrarase cunha excursión organizada pensando nos e nas pensionistas de Soutomaior.

Nesta ocasión, con motivo do Xacobeo, os e as participantes viaxarán a Santiago de Compostela, onde gozarán dunha excursión na que non faltará ningún detalle. Así, os e as participantes de Soutomaior poderán subirse ao autobús ás 8.30 horas nas paradas utilizadas para o transporte escolar, mentres que para os e as residentes en Arcade, a recollida farase ás 9.00 horas no Cruce de Pierres.

Trátase dunha das apostas do Concello para fomentar unha vellez saudable, tanto no físico como en psicolóxico, ofrecendo actividades de lecer ás persoas xubiladas de Soutomaior.

Os e as interesados/as deberán inscribirse antes do día 29 de abril na Casa do Concello ou na Biblioteca Municipal.


Publicado en Servizos Sociais
Visto 236 veces

Servizos Sociais

Máis de 300 maiores gozaron da excursión a Santiago: Reencontros, moitas risas e baile

Máis de 300 maiores gozaron da excursión a Santiago: Reencontros, moitas risas e baile

09-05-2022 / Servizos Sociais

Despois de varias semanas anunciándoo, onte por fin celebramos ‘O día dos  nosos  maiores’, unha cita que se converteu en tradición en Soutomaior e que levabamos dous anos sen celebrar debido á pandemia. Nesta ocasión, os maiores de Soutomaior foron de excursión a Santiago de Compostela. Alí, puideron gozar dunha mañá de turismo e paseos, ademais de acudir á misa...

O  Concello axúdache a conseguir un desconto de ata 40 % en spas e...

O Concello axúdache a conseguir un desconto de ata 40 % en spas e...

05-04-2022 / Servizos Sociais

Tras a formalización e publicación do 'Plan Depotermal’ da Deputación de Pontevedra, o  Concello de  Soutomaior ponse en marcha para axudar aos seus veciños e veciñas a acollerse a esta...

Bono eléctrico

Bono eléctrico

14-01-2022 / Servizos Sociais

Información e tramitación nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior. A Xunta de Galicia ten nestes momentos á disposición das familias galegas as axudas do Bono eléctrico, cun orzamento de 1,9M€...

Programa de Termalismo do Imserso. Tempada 2021

Programa de Termalismo do Imserso. Tempada 2021

14-09-2021 / Servizos Sociais

As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2021 deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021 A través do Programa de Termalismo do Imserso o Estado español...