Martes, 05 Abril 2022 12:03

O Concello axúdache a conseguir un desconto de ata 40 % en spas e balnearios

O  Concello axúdache a conseguir un desconto de ata 40 % en spas e balnearios

Tras a formalización e publicación do 'Plan Depotermal’ da Deputación de Pontevedra, o  Concello de  Soutomaior ponse en marcha para axudar aos seus veciños e veciñas a acollerse a esta iniciativa e gozar dos balnearios e spas da provincia a un custo moito máis reducido do habitual. Así, todos os interesados poden desprazarse ata o  Concello en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres. Alí, os traballadores de Servizos Sociais achegaranlles toda a información necesaria e axudaranos a tramitar estas subvencións.
 
Este plan, que pretende favorecer o envellecemento activo e saudable, ademais de fomentar o lecer entre as persoas de mediana idade, permitirá aos empadroados e ás empadroadas na provincia gozar de balnearios, talasos e spas con importantes descontos que varían en función da situación familiar do/a beneficiario/a.
 
O ‘Plan  Depotermal’ conta cun total de 4.434 prazas que se distribúen entre:
a) Programa termal de asistencia diaria: acceso a balnearios, talasos ou spa durante cinco mañás ou tardes consecutivas, que contará con 1.248  prazas;
b) Programa termal con  pernoita en réxime de pensión completa, de domingo a venres: acceso a balnearios, talasos ou spa, con pensión completa, que contará con 3.186  prazas.
 
Os requisitos para beneficiarche deste plan son:
a) Nacer antes do 1 de xaneiro de 1972 ou ter condición de pensionista (polos conceptos de xubilación, invalidez,  viuvez, ou outros) ou unha invalidez do 65%;
b)  Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio
c) Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria
d) No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa.
 

Publicado en Servizos Sociais
Visto 638 veces

Servizos Sociais

Máis de 300 maiores gozaron da excursión a Santiago: Reencontros, moitas risas e baile

Máis de 300 maiores gozaron da excursión a Santiago: Reencontros, moitas risas e baile

09-05-2022 / Servizos Sociais

Despois de varias semanas anunciándoo, onte por fin celebramos ‘O día dos  nosos  maiores’, unha cita que se converteu en tradición en Soutomaior e que levabamos dous anos sen celebrar debido á pandemia. Nesta ocasión, os maiores de Soutomaior foron de excursión a Santiago de Compostela. Alí, puideron gozar dunha mañá de turismo e paseos, ademais de acudir á misa...

O Concello organiza unha excursión para os maiores a Santiago de Compostela

O Concello organiza unha excursión para os maiores a Santiago de Compostela

11-04-2022 / Servizos Sociais

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a  concelleira de Servizos Sociais, Cristina González, presentaron esta mañá a nova edición de ‘O día dos nosos maiores’. Un acontecemento que terá...

O  Concello axúdache a conseguir un desconto de ata 40 % en spas e...

O Concello axúdache a conseguir un desconto de ata 40 % en spas e...

05-04-2022 / Servizos Sociais

Tras a formalización e publicación do 'Plan Depotermal’ da Deputación de Pontevedra, o  Concello de  Soutomaior ponse en marcha para axudar aos seus veciños e veciñas a acollerse a esta...

Bono eléctrico

14-01-2022 / Servizos Sociais

Información e tramitación nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior. A Xunta de Galicia ten nestes momentos á disposición das familias galegas as axudas do Bono eléctrico, cun orzamento de 1,9M€...

Programa de Termalismo do Imserso. Tempada 2021

14-09-2021 / Servizos Sociais

As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2021 deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021 A través do Programa de Termalismo do Imserso o Estado español...

Programa Respiro Familiar - Xunta de Galicia

15-06-2021 / Servizos Sociais

A nova orde do programa Respiro Familiar xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). O plan, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade, facilitará o descanso dos seus...

Axudas derivadas do covid durante o primeiro ano de pandemia

19-02-2021 / Servizos Sociais

A escasas semanas de cumprirse o primeiro ano da pandemia orixinada polo Covid19, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior acaban de facer balance das súas actuacións durante a alerta...

Oficina de Servizos Sociais en Arcade

30-10-2020 / Servizos Sociais

A actual situación está a aumentar o número de situacións sociais de emerxencia entre os máis desfavorecidos por iso e ante o volume de atención social e co obxectivo de...