Alcaldía
Alcaldía +
O Concello xestionou coa empresa de telefonía unha alternativa ata a reposición das liñas queimadas
Os 232 usuarios de Telefónica que seguen sen liña fixa no Concello de Soutomaior xa poden solicitar unha solución personalizada a través do teléfono de atención ao cliente desta compañía, o 1004. A solución será de carácter temporal ata a restitución das liñas danadas durante os incendios, que suman un total de 85km na provincia de Pontevedra, e que segundo fontes da propia compañía poderían demorarse ata o mes de decembro.
O Concello de Soutomaior dirixiuse a pasada semana á dirección da empresa para xestionar unha solución temporal para os 232 usuarios afectados no municipio. ?O servizo foise recuperando progresivamente e desde o día 23 xa se dispón de toda a cobertura móbil no municipio?, afirma no seu escrito de resposta ao concello a directora de Galicia de Telefónica, Marta Fernández, que engade que “o despregamento de cable en zonas de orografía especialmente complexa podería atrasar o restablecemento do servizo ata un mes”.
Do mesmo xeito, fontes da compañía aseguran poñerse en contacto coa maioría dos afectados, pero rogan ao resto que se poñan en contacto co seu centro de atención ao cliente, no 1004, “para solicitar unha solución personalizada e sen custo para o cliente”.
Alcaldía
30-08-2022 / Alcaldía
Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor do que estaba hai uns meses. No acto non faltou a música, a celebración e as palabras do alcalde que quixo agradecer a importantísima labor de todos/as os músicos e músicas...
20-07-2022 / Alcaldía
A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...
16-06-2022 / Alcaldía
O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...
09-06-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior desprazouse onte ata Vila Nova de Gaia (Portugal) para participar nun evento no WOW Porto. Alí reuniuse con medios, axencias e influencers dedicados ao sector turístico...
27-05-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde de Soutomaior, e as concelleiras de Xuventude e Educación presentaron o programa ‘ Hai Plan! Soutoverán’. Trátase do programa xuvenil de Lecer e Tempo Libre deste verán...
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación...
27-04-2022 / Alcaldía
Onte os veciños de Soutomaior puideron coñecer de primeira man o Plan de Emerxencia da actual Presa De Eiras. Nun acto celebrado no Multiúsos de Arcade no que, ademais do...
25-04-2022 / Alcaldía
Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente...
Alcaldía +