Alcaldía
Alcaldía +
O Concello de Soutomaior empezou coa colocación das novas placas que adornarán as fachadas de cada edificio e coas que se pretende facilitar a orientación de todo tipo de servizos. Así, as novas placas contarán co número da vivenda nun tamaño e tipografía perfectamente lexible, así como coa rúa na que e atopa. Por baixo, o novo escudo do Concello de Soutomaior.
Os traballos de colocación terán lugar durante os próximos tres meses, nos que varios operarios instalarán as placas nas fachadas dos inmobles e selaranos con Pattex premium, un adhesivo de montaxe extraforte, resistente á auga e á intemperie. Cabe destacar que o prezo total do plan é de 14.943,50 € que saen dos fondos propios do concello.
En canto ao formato das novas placas, optouse por un deseño enfocado á súa utilidade, que non descoida a estética. Trátase dunha sinalización de 15x15 cm, con 4 mm de grosor e en cor azul.
Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a importancia desta nova sinalización que “facilitará enormemente o labor dos servizos de emerxencias, así como a Protección Civil, a Policía ou os Bombeiros”. Ademais, engadiu que esta nova marcación clara e visible, permitirá unha mellor orientación dos servizos de mensaxeria e paquetería, algo imprescindible “nestes tempos nos que todo o mundo fai compras por internet”.
Doutra banda, esta melloría na sinalización das casas será de gran axuda para as operadoras dos distintos servizos públicos como a auga, a electricidade, as telecomunicacións ou o gas. Tamén para a confección de diferentes patróns fiscais como o IBI ou a recollida de lixos.
Alcaldía
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación de carga das tres coas que contará o concello nas próximas semanas. Con este acto, ponse en marcha un novo servizo que durante os próximos tres meses, permitirá a calquera que...
25-04-2022 / Alcaldía
Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente...
08-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse onte ata a sede de Augas de Galicia en Santiago para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da...
07-04-2022 / Alcaldía
O alcalde, Agustín Reguera, acudiu onte xunto ao responsable da Protección Civil de Soutomaior, Carlos Bas, a unha sesión de información sobre o Plan de Emerxencia da Presa de Eiras...
06-04-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta para facelo partícipe dos avances e logros que se conseguiron en Soutomaior e atopar as mellores formas de...
29-03-2022 / Alcaldía
O Concello de Soutomaior empezou coa colocación das novas placas que adornarán as fachadas de cada edificio e coas que se pretende facilitar a orientación de todo tipo de servizos...
14-03-2022 / Alcaldía
Esta mañá déronse cita no Pavillón Municipal da Montesiña varios responsables políticos que participaron na entrega dunha tenda de campaña aos efectivos da Protección Civil de Soutomaior. Esta nova carpa, equipada...
31-03-2021 / Alcaldía
O vindeiro luns día 5 de abril (luns de Pascua) está designado polo Pleno Municipal como festivo local polo que todas as instalacións municipais permanecerán pechadas
Alcaldía +