Alcaldía
Alcaldía +
Onte, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta para facelo partícipe dos avances e logros que se conseguiron en Soutomaior e atopar as mellores formas de manter unha colaboración estreita entre o Concello e o goberno autonómico.
A reunión resultou ser moi positiva para Soutomaior, xa que o vicepresidente da Xunta mostrouse entusiasmado coas iniciativas que se están levando a cabo no Concello e abriu a porta para colaborar en futuros proxectos a través da liña de axudas da Xunta.
O apoio do goberno autonómico é de suma importancia para seguir desenvolvendo o Concello, tanto a nivel de infraestruturas, como no ámbito social e cultural. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asegurou saír da reunión “con moi boas sensacións” e convencido de que este contacto “terá un impacto positivo na vida dos veciños e veciñas de Soutomaior, que é ou realmente importante”.
Alcaldía
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación de carga das tres coas que contará o concello nas próximas semanas. Con este acto, ponse en marcha un novo servizo que durante os próximos tres meses, permitirá a calquera que...
25-04-2022 / Alcaldía
Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente...
08-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse onte ata a sede de Augas de Galicia en Santiago para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da...
07-04-2022 / Alcaldía
O alcalde, Agustín Reguera, acudiu onte xunto ao responsable da Protección Civil de Soutomaior, Carlos Bas, a unha sesión de información sobre o Plan de Emerxencia da Presa de Eiras...
06-04-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta para facelo partícipe dos avances e logros que se conseguiron en Soutomaior e atopar as mellores formas de...
29-03-2022 / Alcaldía
O Concello de Soutomaior empezou coa colocación das novas placas que adornarán as fachadas de cada edificio e coas que se pretende facilitar a orientación de todo tipo de servizos...
14-03-2022 / Alcaldía
Esta mañá déronse cita no Pavillón Municipal da Montesiña varios responsables políticos que participaron na entrega dunha tenda de campaña aos efectivos da Protección Civil de Soutomaior. Esta nova carpa, equipada...
31-03-2021 / Alcaldía
O vindeiro luns día 5 de abril (luns de Pascua) está designado polo Pleno Municipal como festivo local polo que todas as instalacións municipais permanecerán pechadas
Alcaldía +