Alcaldía
Alcaldía +
AGUSTÍN REGUERA COMPARTE A CULTURA DE SOUTOMAIOR CON 28 ALUMNOS AMERICANOS DE INTERCAMBIO
Os estudantes pasarán dúas semanas vivindo con familias locais grazas ao programa de intercambio que organizan os centros educativos de Vilaboa e Arcade.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, deu esta mañá a benvida a un grupo de estudantes estadounidenses da Newark Academy de New Jerse e que visitan Soutomaior grazas ao programa anual de intercambio de estudantes que organizan os centros escolares Manuel Padín Truiteiro de Arcade e O Toural de Vilaboa.
Acompañados polo rexedor local os mozos admiraron a beleza de algo tan singular para eles como é a fortaleza medieval do Castelo de Soutomaior. Trátase dun grupo de 28 alumnos procedentes da cidade de Livingston que teñen por diante teñen 13 días de auténtica cultura galega.
Na súa visita gozarán dunha etapa do Camiño de Santiago, unha viaxe en catamarán, a praia da Lanzada, unha poxa de peixe na lonxa de Ribeira, as termas de Ourense e ata unha visita guiada polas bateas da ría.
O alcalde quixo dar a benvida a estes alumnos e compartir con eles algúns detalles do Castelo. Do mesmo modo aproveitou a ocasión para felicitar os coordinadores do programa polo seu traballo á vez que destacou que "estas iniciativas se prolongan no tempo moito máis do que duran os programas. Forxan amizades entre os alumnos que duran para sempre".
Alcaldía
17-07-2023 / Alcaldía
O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do espazo escénico e musical do Auditorio Municipal do Multiusos de Arcade financiado ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, co apoio da Xunta de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E) Tras valorar o Concello de Soutomaior...
08-07-2023 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, participou onte nunha reunión conxunta cos representantes das comunidades de montes do concello, na que tamén estivo presente a concelleira de Medio Rural e...
07-07-2023 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, segue a manter reunións con todas as administracións implicadas para buscar solucións o antes posible á situación da fábrica da Pontesa, que ardeu o...
29-06-2023 / Alcaldía
O Concello de Soutomaior vén de solicitar unha reunión coa Dirección Xeral de Costas para tratar de atopar solucións á situación derivada do incendio producido na Pontesa o pasado 6...
14-04-2023 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mantivo hoxe un encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que obtivo o compromiso da Xunta de iniciar unha acción de investigación para...
30-08-2022 / Alcaldía
Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor...
20-07-2022 / Alcaldía
A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...
16-06-2022 / Alcaldía
O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...
Alcaldía +