Alcaldía
Alcaldía +
O Concello de Soutomaior volve conxelar as taxas por quinto ano consecutivo co obxectivo de non aumentar a presión fiscal mantendo a oferta de servizos que presta o consistorio e mantendo a débeda 0 que permita xestionar os recursos municipais sen trabas económicas .
Aínda así, para este ano 2017 e cos fondos achegados polo Estado, Xunta, Deputación e con fondos propios, manterá e mellorará todos os servizos básicos para os veciños e veciñas.
Os investimentos previstos, entre outros, seguirán coa mellora do patrimonio en fontes e lavadoiros como os de Lourido, Moreira, Lavandeira e Montesiña.
Melloras viarias en Aranza,Samean, Moureiros, etc. e mellora no acceso ao Peirao de Arcade onde se dará maior protagonismo aos peóns.
En instalacións deportivas destacará a instalación no Pavillón Municipal de parquet deportivo e tamén se acometerán obras de mellora nos vestiarios do Campo Municipal de Fútbol de Salgueirón.
En materia de cultura, mocidade lecer etc. seguiranse potenciando diversas actividades como a noite de San Xoan, o entroido, Reis Magos, samain,e sobre todo a Festa da Ostra.
Seguiranse mellorando e ampliando os distintos cursos formativos a todos os niveis así como as escolas municipais de teatro, deportivas, pintura e debuxo (entre outras).
En materia medio ambiental poñerase en marcha da escola municipal de horta urbana e ecolóxica e reforzarase a aposta pola compostaxe.
As axudas sociais así como para transporte e material escolar, subvencións a clubs, deportistas e asociacións culturais, están contempladas á alza dentro das previsións anuais.
O Centro de Información á muller seguirá co seu labor de asesoramento xurídico ,social e psicolóxico.
As obras de urbanización dos accesos ao novo instituto darán un paso máis cara a adiante para a súa posta en funcionamento nos prazos previstos
Con estes breves apuntamentos o Concello de Soutomaior traza as directrices de funcionamento, investimentos e servizos para o ano 2017 onde primará sobre todo buscar o benestar de todos os veciños e veciñas.
Alcaldía
30-08-2022 / Alcaldía
Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor do que estaba hai uns meses. No acto non faltou a música, a celebración e as palabras do alcalde que quixo agradecer a importantísima labor de todos/as os músicos e músicas...
20-07-2022 / Alcaldía
A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...
16-06-2022 / Alcaldía
O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...
09-06-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior desprazouse onte ata Vila Nova de Gaia (Portugal) para participar nun evento no WOW Porto. Alí reuniuse con medios, axencias e influencers dedicados ao sector turístico...
27-05-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde de Soutomaior, e as concelleiras de Xuventude e Educación presentaron o programa ‘ Hai Plan! Soutoverán’. Trátase do programa xuvenil de Lecer e Tempo Libre deste verán...
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación...
27-04-2022 / Alcaldía
Onte os veciños de Soutomaior puideron coñecer de primeira man o Plan de Emerxencia da actual Presa De Eiras. Nun acto celebrado no Multiúsos de Arcade no que, ademais do...
25-04-2022 / Alcaldía
Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente...
Alcaldía +