Alcaldía
Alcaldía +
A Xunta comezará a tramitar xa o segundo Plan de rescate dirixido a autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros afectados polas restricións sanitarias como consecuencia da pandemia para cumprir así o compromiso adquirido cos interlocutores sociais e colectivos máis afectados de activar estas axudas canto antes, dado o carácter urxente das mesma.
O importe das contías será maior en función das porcentaxes de perda acreditadas polos solicitantes e outra das novidades é que os autónomos non terán que acreditar recibir a prestación por cesamento de actividade.
Tampouco se lles esixirá ás microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar ao diñeiro. As liñas destinadas a autónomos e microempresas, así como unha específica aos establecementos hostaleiros pechados polas medidas sanitarias, serán compatibles entre si, e os perceptores de axudas do primeiro Plan de rescate poderán volver solicitalas e, de cumprir os requisitos, recibilas.
A Xunta estenderá estas axudas aos establecementos pechados como consecuencia das últimas restricións, pero tamén aos que soamente puideron servir comidas e bebidas en terrazas, para levar, ou a domicilio nas últimas semanas
Alcaldía
30-08-2022 / Alcaldía
Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor do que estaba hai uns meses. No acto non faltou a música, a celebración e as palabras do alcalde que quixo agradecer a importantísima labor de todos/as os músicos e músicas...
20-07-2022 / Alcaldía
A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...
16-06-2022 / Alcaldía
O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...
09-06-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior desprazouse onte ata Vila Nova de Gaia (Portugal) para participar nun evento no WOW Porto. Alí reuniuse con medios, axencias e influencers dedicados ao sector turístico...
27-05-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde de Soutomaior, e as concelleiras de Xuventude e Educación presentaron o programa ‘ Hai Plan! Soutoverán’. Trátase do programa xuvenil de Lecer e Tempo Libre deste verán...
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación...
27-04-2022 / Alcaldía
Onte os veciños de Soutomaior puideron coñecer de primeira man o Plan de Emerxencia da actual Presa De Eiras. Nun acto celebrado no Multiúsos de Arcade no que, ademais do...
08-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse onte ata a sede de Augas de Galicia en Santiago para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da...
Alcaldía +