Venres, 29 Xaneiro 2021 09:51

Plan de rescate para hostalería, microempresas e autónomos

Plan de rescate para hostalería, microempresas e autónomos

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, aprobou e fixo efectivos xa os pagos na concesión de axudas por importe de 141.825 € para 73 actuacións dos negocios de hostalería do Concello de Soutomaior ao amparo do Plan de Rescate para Autónomos e Microempresas e os establecementos hostaleiros pechados como consecuencia das restricións sanitarias.

Estas axudas foron distribuídas da seguinte maneira: 23 axudas á hostalería por motivo do peche dos seus establecementos, 13 para microempresas e 37 para axudas a autónomos.

A Xunta garante 50 millóns de euros para un segundo plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería

Así mesmo o Concello de Soutomaior cumprindo co acordo alcanzado entre o alcalde e a Asociación de Hostaleiros reserva, nos orzamentos 2021, unha partida de máis de 20.000 euros para financiar as axudas directas aos negocios locais.

Axudas  destinadas a cubrir os gastos de auga, rede de sumidoiros e recollida de lixo, ademais de manter a exención no pago polas terrazas.


 


Publicado en Alcaldía
Visto 410 veces


Alcaldía
Casa do Concello

A Escola Infantil de Romariz no día de Rosalía de Castro

24-02-2021 / Alcaldía

Hoxe hai 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro e Galicia celebra hoxe o día dedicado á poetisa. Sumándose tamén á conmemoración da xornada os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil de Romariz achegáronse ao Concello, donde foron recibido polo Alcalde,  para realizar unha visita e levar un recordo cunhas fotos no photocall instalado no exterior do Concello...

TV Alcaldía de Soutomaior