Luns, 08 Xuño 2020 11:06

Tarxeta Xente Nova

Tarxeta Xente Nova

O Concello de Soutomaior, incorpórase ao plan de transporte metropolitano de Galicia, que permite aos menores de 21 anos viaxar gratis en autobuses interurbanos.

A TARXETA XENTE NOVA é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.

Solicita gratis en www.bus.gal

Quen a pode utilizar?

  • Mozos de entre 4 e 20 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano.
  • Cando cumpras 21  poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
  • Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
  • Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.

Publicado en Alcaldía
Visto 492 veces


Alcaldía
Casa do Concello

Plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero,

30-06-2020 / Alcaldía

O Alcalde de Soutomaior,Agustín Reguera,mantivo onte un encontro co Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre o plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero, polo cal 38 entidades locais galegas contratarán a a 68 mulleres, no que tamén participa o noso concello , que contratará a dúas mulleres. Alfonso Rueda explicou que este é programa pioneiro que se...

TV Alcaldía de Soutomaior