Venres, 05 Xuño 2020 12:15

Apertura oficinas municipais

Apertura oficinas municipais

As oficinas do Concello de Soutomaior abrirán as súas portas para a atención ao público en xeral o vindeiro luns día 8 de Xuño en horario de 9,00 a 14,00 horas.

Debido ás normas de seguridade sanitaria establécese un aforo limitado nas oficinas de 3 persoas.

Para as xestións que non sexan urxentes é recomendable  solicitar cita previa a través do teléfono 986 70 51 06 ou mediante o correo electrónico oficinas@soutomaior.com 

Para a entrada nas distintas dependencias deberase de utilizar máscaras e usar o xel desinfectante que se poñerán ao dispor dos usuarios na entrada.


Publicado en Alcaldía
Visto 367 veces


Alcaldía
Casa do Concello

Plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero,

30-06-2020 / Alcaldía

O Alcalde de Soutomaior,Agustín Reguera,mantivo onte un encontro co Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre o plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero, polo cal 38 entidades locais galegas contratarán a a 68 mulleres, no que tamén participa o noso concello , que contratará a dúas mulleres. Alfonso Rueda explicou que este é programa pioneiro que se...

TV Alcaldía de Soutomaior