Xoves, 02 Abril 2020 12:28

Comisión de seguimento do COVID-19

Comisión de seguimento do COVID-19

Na última reunión da comisión de seguimento do COVID-19 do Concello de Soutomaior, celebrada no día de onte, deuse conta das accións máis importantes e agradeceuse ás seguintes persoas e establecementos locais as doazóns realizadas ao Concello ou aos Centros de Saúde:.

Jacobo Martínez (marisquería Arcade) doazón de alimentos.

Víctor López (Arcade Visión) doazón mascarillas

María Teresa Pérez, doazón guantes

Rosario Couñago (Rapaces) doazón de mascarillas

Centro de Día Boas Apertas doazón material sanitario

Costureiras de Arcade doazón de mascarillas

A través de Protección Civil levaron a cabo actuacións de compra e servizo a domicilio a persoas maiores de medicinas e alimentos.

Así mesmo forneceuse de alimentos ás persoas máis necesitadas e que o requiriron.

Levaron a cabo labores de desinfección en lugares e edificios tanto do centro urbano de Arcade e Soutomaior, zonas me maior afluencia, así como noutras zonas do rural coa colaboración de operarios municipais.

Por parte da empresa Urbaser do baldeo de rúas e desinfección de contedores. Reforzouse a policía local coa contratación de 2 novos auxiliares para reforzar a vixilancia mentres dure o estado de alarma.

Posta en servizo de atención psicolóxica para quen o necesite a través do CIM dous días por semana en principio.

Aprazamento das taxas municipais e elaboración dun novo calendario fiscal que se acordará cando termine o estado de alarma.

Establécense servizos mínimos nas dependencias municipais, excepto servizos sociais que terán servizos diarios.

Manter o peche de todos os parques infantís, zonas de lecer e aparcamentos do Periao mentres dure o estado e alarma.

Posta en servizo dun apartado específico na páxina web do Concello en relación a recomendacións sanitarias e de saúde pública de interese xeral para o control do COVID-19 Comunicado conxunto do Alcalde, Agustín Reguera e do Portavoz Municipal do BNG, Manuel Lourenzo #ante a alerta sanitaria.

Apertura de rexistro de voluntariado para a colaboración que distintas persoas fixeron chegar ao Concello e que se canalizarán por medio da Agrupación de Protección Civil.

O Concello de Soutomaior quere enviar unha mensaxe de agradecemento a todas as persoas que durante esta crise sanitaria xerada polo coronavirus están a facer posible a asistencia sanitaria e a prestación de servizos básicos á cidadanía e insiste na necesidade e a importancia de que todos nos quedemos na casa e sigamos as recomendacións e medidas marcadas polas autoridades sanitarias e polo decreto de alarma.


Publicado en Alcaldía
Visto 1328 veces


Alcaldía
Casa do Concello

A orde do BOE de hoxe non se aplica no noso Concello

22-05-2020 / Alcaldía

As novas medidas para poboacións de menos de 10.001 habitantes que se relacionan no BOE do día de hoxe 22 de maio e que afectan á flexibilización da medidas circulación de persoas e á hostalería non terán efecto no noso Concello. Esta orde ten por obxecto flexibilizar certas restricións nos municipios de menor tamaño que aínda se atopan en Fase 1...

TV Alcaldía de Soutomaior