Mércores, 14 Decembro 2016 12:58

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de conductas de risco.

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de conductas de risco.

Un ano mais, o Concello de Soutomaior inicia o programa A TÚA SAÚDE TI DECIDES!. Trátase dun  conxunto de accións organizadas coa finalidade de previr conductas de risco no ámbito xuvenil que vai dirixido a alumnado de PRIMARIA E ESO que estuda nos centros educativos do municipio. Este programa comeza este xoves 15 de decembro no CPI Padin Truiteiro e ten prevista a súa data fin para o mes de abril de 2017.

O obxectivo xeral deste programa dentro da área de prevención de conductas de risco é o de crear espazos de reflexión acerca do papel que xogamos na sociedade como individuos e como membros dun grupo, analizar os motivos que levan ao consumo de drogas en base á propia identidade, analizar como en base a determinados valores e crenzas nos relacionamos afectiva e sexualmente e cales son as nosas actitudes ante todos estes temas.

Outra das cuestións a tratar son as derivas do uso das tecnoloxías da información e comunicación e os perigos que hai cando se produce uso abusivo e inadecuado destas. Reflexionado no como, porque e para que as usamos.

O programa consta de dúas partes:

1º PARTE:

Charlas - obradoiros:

  • Habilidades sociais. Entrenamento preventivo
  • Prevención de drogodependencias e outras adiccións
  • Prevención de problemas asociados ás novas tecnoloxías
  • Prevención de conductas de risco no ámbito afectivo – sexual
  • Adiccións: saúde e aspectos legais

2º PARTE:

Formación en mediación

  • Formación en mediación e conflicto. Participantes: 1º e 2º ESO

Este curso vai dirixido a adolescentes coa finalidade de que adquiran unhas nocións básicas sobre a xestión de conflicto e a figura de mediación. Tocamos temas como: definición de conflito, tipo de conflitos, xestión do conflito, pros e contras do conflito, consecuencias derivadas do cando están mal xestionados, a figura e rol da persoa mediadora, recursos de mediación no centro educativo e fóra.

O departamento de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha estas e outras iniciativas educativas, en colaboración cos centros escolares, coa finalidade de optimizar a formación global do alumnado e mellorar así o potencial do alumnado no seu desenvolvemento persoal e social.

Os obradoiros teñen un carácter eminentemente práctico e reflexivo e son impartidos por persoas con ampla experiencia no traballo coa mocidade e cunha formación ampla nos temas a tratar. O calendario do programa péchase conxuntamente cos departamentos de orientación dos centros así como os contidos e metodoloxía das sesións tendo en conta as idades dos grupos cos que traballamos. Son os centros os que deciden que temas abordar en cada curso e con que alumnado en función das necesidades de cada curso.


Visto 3611 veces


Prevención de Conductas de Risco

Programa xuvenil de prevención de condut…

16-12-2016 Prevención de Conductas de Risco

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha unha nova edición do seu programa xuvenil de prevención de condutas de risco entre os escolares do municipio. Unha iniciativa que...

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de conductas de risco.

14-12-2016 / Prevención de Conductas de Risco

Un ano mais, o Concello de Soutomaior inicia o programa A TÚA SAÚDE TI DECIDES!. Trátase dun  conxunto de accións organizadas coa finalidade de previr conductas de risco no ámbito xuvenil que vai dirixido a alumnado de PRIMARIA E ESO que estuda nos centros educativos do municipio. Este programa comeza este xoves 15 de decembro no CPI Padin Truiteiro e ten prevista...

Programa de Prevención
de Conductas de Risco

 

Os titulares de Xuventude

XIII edición do certame literario “ Verbas para…comunicar”

17-01-2020 / Verbas para... comunicar

Un ano máis, e xa  van trece, as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía no certame literario “ Verbas para…comunicar”. Organizado pola Concellería de...

Participa na comparsa municipal de Entroido!

16-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar na Comparsa Municipal de Entroido organizada pola Concellería de Xuventude. As inscricións estarán abertas ata o 6 Febreiro 2020 Nesta actividade...

Novos cursos de formación Xuventude

10-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca os cursos de formación que se desenvolverán durantes os meses de xaneiro e abril de 2020 dirixidos á xuventude e no que tamén poden participar...

Entrega de premios do XVIII Concurso de Postais de Nadal

23-12-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal. Un certame que este ano incluía unha nova categoría, a de felicitacións en formato audiovisual...

TV Concellería de Xuventude