Martes, 09 Outubro 2018 09:47

Biblioteca - Clubs de lectura fácil

A Biblioteca Municipal pon en marcha dous novos clubs de “lectura fácil” para favorecer a inserción social. A iniciativa pretende servir como ferramenta de integración de novos cidadáns e persoas de fala estranxeira ou con dificultade lectora mediante textos sinxelos que desenvolvan o seu gusto pola lectura. Esta nova proposta conta con 10 prazas dispoñibles e a primeira reunión celebrarase o próximo día 23 baixo a coordinación da profesora de maxisterio Conchi Tirado.

Os destinatarios do club son persoas en fase de aprendizaxe do idioma, discapacitados, novos, persoas maiores de baixa escolarización e en xeral a todas aquelas que en xeral desexen gañar fluidez na práctica do castelán ademais de mellorar a súa capacidade de comprensión lectora e de expresión oral. Os encontros realizaranse en martes alternos na segunda planta da biblioteca comezando o próximo día 23 ás 11 da mañá. O libro escollido para arrincar a iniciativa é “ Nahid, a miña irmá Afgana”.

Clubs infantil é de lectura fácil.

 A proposta do club compleméntase cos dous grupos infantís para nenos de 6 e 7 anos, que comezará o 18 de outubro, e de 8 a 9 anos, que arrincará o 25 deste mes. Todo o material necesario será proporcionado pola biblioteca municipal. Os interesados en sumarse ao club de lectura fácil, ou aos xa existentes nos diversos idiomas, deben contactar coa Biblioteca Luís Seoane  na rúa Illas Alvedosas nº3 de Arcade, a través do teléfono 986 700 291 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..


Publicado en Club de Lectura
Visto 247 veces

Club de Lectura


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...