Mércores, 16 Mai 2018 13:54

Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar

Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar

O Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo entregaron este  martes 15 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar. Este  concurso  organízase co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade e vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroados/as no Concello de Soutomaior. O Concurso ten unha modalidade de redacción individual e unha modalidade audiovisual que pode ser grupal ou individual. Nesta edición participaron en total 287 persoas que se repartiron en dúas categorías:

CATEGORÍAS

  • A – 12 A 14 ANOS
  • B – 15 A 20 ANOS

 

MODALIDADES:

REDACCIÓN

  • Categoría A : 134
  • Categoría B: 113

AUDIOVISUAL

  • Categoría A INDIVIDUAL: 6 PERSOAS (6 traballos)
  • Categoría A GRUPAL: 29 persoas (13 traballos)
  • Categoría B INDIVIDUAL: 1 PERSOA (1 traballo)
  • Categoría B GRUPAL: 4 persoas (2 traballos)

 

Formaron parte do xurado:

  • Dona Mari Cruz Aguiar Díaz, Profesora de Lingua Galega Santiago Apostol.
  • Dona Mónica Soto Balo, Profesora de Lingua Galega Santiago Apostol.
  • Don Román Cerqueiro , profesor de Lingua Galega do Padin Truiteiro.
  • Dona Xabier Rico, profesora de Lingua Galega nun colexio en Moaña e escritor.
  • Don Fernando Collazo Carreira, membro do xurado, fotógrafo e operador de cámara.

 

O acto de entrega realizouse no Pavillón da Montesiña e  a gala  correou a cargo do grupo FALABARATAS formado por: Rocío Romero e Arantxa Treus que se encargaron de dinamizar o acto a través de dinámicas youtuber, de creación de poemas ASMR, escritura automática e  moitos outros desafíos dirixidos aos/as asistentes.

 

Os premios entregados PARA A MODALIDADE DE REDACCIÓN A + B  e MODALIDADE AUDIOVISUAL INDIVIDUAL A + B foron:

  • 1º PREMIO: TABLET
  • 2º PREMIO: LIBRO ELECTRÓNICO
  • 3º PREMIO: CAMARA DE FOTOS
  • 4º PREMIO: GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL
  • 5º PREMIO: AURICULAR BLUETOOH + MICRO
  • 6º PREMIO: POWER BANK

 

Os premios para a MODALIDADE AUDIOVISUAL GRUPAL son:

  • 1º PREMIO: CÁMARA DE FOTOS PARA TODOS OS MEMBROS DO GRUPO
  • 2º PREMIO: GAFAS VIRTUAIS PARA TODOS OS MEMBROS DO GRUPO

 

As persoas interesadas en coñecer o nome das persoas seleccionadas e os traballos gañadores poderán descargalo de abaixo e na web do Concello no enlace: http://www.soutomaior.com/xuventude/concursos_gal.html

 

 


Descargar adjuntos:

18-premiados-XI-concurso-verbas-para-comunicar.pdf (375 Descargas)
Visto 951 veces

 

 

Os titulares de Xuventude

Novas actividades de formación para a xuventude!

15-01-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do primeiro trimestre do ano.  Comezamos con novas actividades formativas que teñen unha alta demanda entre o...

Terapia con cans no instituto

20-12-2018 / Xuventude

O instituto do Concello de Soutomaior acolleu onte unha demostración de terapias con cans a cargo dun centro especializado en intervencións asistidas con animais, unha iniciativa na que os estudantes...

Inicio do programa xuvenil TI DECIDES"

18-12-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha  o programa TI DECIDES! que se desenvolverá ó longo de todo o curso no CEIP Padin Truteiro, no colexio Santiago Apostol e  IES...

Chega o Nadal! Excursión ó parque temático Perlim

08-11-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2018 organiza para o sábado 15 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado...