Mércores, 14 Decembro 2016 12:58

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de conductas de risco.

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de conductas de risco.

Un ano mais, o Concello de Soutomaior inicia o programa A TÚA SAÚDE TI DECIDES!. Trátase dun  conxunto de accións organizadas coa finalidade de previr conductas de risco no ámbito xuvenil que vai dirixido a alumnado de PRIMARIA E ESO que estuda nos centros educativos do municipio. Este programa comeza este xoves 15 de decembro no CPI Padin Truiteiro e ten prevista a súa data fin para o mes de abril de 2017.

O obxectivo xeral deste programa dentro da área de prevención de conductas de risco é o de crear espazos de reflexión acerca do papel que xogamos na sociedade como individuos e como membros dun grupo, analizar os motivos que levan ao consumo de drogas en base á propia identidade, analizar como en base a determinados valores e crenzas nos relacionamos afectiva e sexualmente e cales son as nosas actitudes ante todos estes temas.

Outra das cuestións a tratar son as derivas do uso das tecnoloxías da información e comunicación e os perigos que hai cando se produce uso abusivo e inadecuado destas. Reflexionado no como, porque e para que as usamos.

O programa consta de dúas partes:

1º PARTE:

Charlas - obradoiros:

  • Habilidades sociais. Entrenamento preventivo
  • Prevención de drogodependencias e outras adiccións
  • Prevención de problemas asociados ás novas tecnoloxías
  • Prevención de conductas de risco no ámbito afectivo – sexual
  • Adiccións: saúde e aspectos legais

2º PARTE:

Formación en mediación

  • Formación en mediación e conflicto. Participantes: 1º e 2º ESO

Este curso vai dirixido a adolescentes coa finalidade de que adquiran unhas nocións básicas sobre a xestión de conflicto e a figura de mediación. Tocamos temas como: definición de conflito, tipo de conflitos, xestión do conflito, pros e contras do conflito, consecuencias derivadas do cando están mal xestionados, a figura e rol da persoa mediadora, recursos de mediación no centro educativo e fóra.

O departamento de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha estas e outras iniciativas educativas, en colaboración cos centros escolares, coa finalidade de optimizar a formación global do alumnado e mellorar así o potencial do alumnado no seu desenvolvemento persoal e social.

Os obradoiros teñen un carácter eminentemente práctico e reflexivo e son impartidos por persoas con ampla experiencia no traballo coa mocidade e cunha formación ampla nos temas a tratar. O calendario do programa péchase conxuntamente cos departamentos de orientación dos centros así como os contidos e metodoloxía das sesións tendo en conta as idades dos grupos cos que traballamos. Son os centros os que deciden que temas abordar en cada curso e con que alumnado en función das necesidades de cada curso.


Visto 2946 veces

Programa de Prevención
de Conductas de Risco

 

Os titulares de Xuventude

Encontro da Mocidade - San Simón 2019

11-06-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este...

Os/as nosos/as artistas. Exposición da Escola Municipal de Debuxo e Pintura

07-06-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior rematou as clases da Escola Municipal de Debuxo e Pintura deste cursos 2018/2019 agora no mes de maio. O programa do curso foi moi variado e...

Moceando! para aprender, compartir, reflexionar...

05-06-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un ano máis o programa MOCEANDO dirixido á poboación xuvenil. Un programa preventivo dirixido fundamentalmente a mozos e mozas de 14 a 35 anos  para...

Xa está aberto o prazo para presentarse ao Concurso Verbas para... comunicar 2019

04-04-2019 / Verbas para... comunicar

Comezamos coa XII Edición do Concuso en lingua galega Verbas para Comunicar que convoca a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Vai dirixido a mozos e mozas en idades...