Xoves, 29 Xuño 2017 14:15

Representacións teatrais fin de curso Escola Municipal de Teatro

Este venres 30 de xuño e este sábado 1 de xullo o alumnado da Escola Municipal de Teatro representará as obras de fin de curso.

 

VENRES 30 DE XUÑO - ás 21,00 h

Grupo xuvenil 2: “Como a vida mesma” 

  • Sinopse: unha compañía de teatro importante, cancela a súa función minutos antes de comezar... os traballadores/as do Auditorio demostraran que todos levamos un actor ou actriz dentro improvisando unha peza teatral.

 

SÁBADO 1 DE XULLO  - ás 20,30 h

Grupo infantil: “Mamá gatiña”

  • Sinopse: trata dunha gata que tenta preparar a merenda dos seus fillos/as, pero uns ratos sempre lle comen o que prepara. Finalmente mamá gata prepara unha trampa para atrapar aos ratiños

Grupo xuvenil 1: “Os trasnos de Pitocairo” 

  • Sinopse:  na Vila de Pitocairo sempre suceden cousas extranas, os responsables son uns trasnos que viven no bosque. Pero cando deciden abrir unha fábrica altamente contaminante na vila, os trasnos e os nenos alíanse e atopan unha solución. 

 

As obras representaranse no Multiusos en Arcade. A entrada é de balde.


Visto 1130 veces

Escola Municipal de Teatro

Os titulares de Xuventude

IV Festival de Cultura Urbana

11-09-2018 / Festival de Cultura Urbana

Remata o prazo para inscribirse nas actividades do IV Festival de Cultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde...

Novas actividades para a xuventude. Prazo aberto ata o 26 de setembro

07-09-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha a programación xuvenil de novas actividades que se iniciarán no mes de outubro: teatro, circo, danza do ventre, bailes latinos, guitarra española, cociña, debuxo...

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...